Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


PLENO MUNICIPAL 2may'16

[lock]

Lunes 2 Mayo (antes Jueves 28 de Abril, aplazado por obito) 2016, 17:00h en Salón de Sesións da Casa do Concello 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Orde do Día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 28 de abril de 2016, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de marzo de 2016.
2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de marzo de 2016.
3.- Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (1º trimestre 2016).
4.- Toma de coñecemento da Resolución da Alcaldía sobre liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio económico 2015.
5.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
6.- Aprobación, se procede, de expediente de modificación orzamentaria por suplemento de crédito nº 02/SC/2016 e de crédito extraordinario Nº 02/CE/2016.
7.- Aprobación, se procede, do III Plan de Igualdade.
8.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para a mellora de comunicacións viarias en Trabanca Sardiñeira.
9. -Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, sobre a regularización catastral.
10.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para o arranxo da unitaria de Vilar-Bamio.
11.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG de propostas de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas.
12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, para que a contratación pública do Concello inclúa criterios sociais e ambientais.
13.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre o dereito á sanidade.
14.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PSdeG-PSOE sobre universalización do dereito á asistencia sanitaria pública e recuperación do sistema público de sanidade.
15.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, para a implantación das sesións de control.
16.- Comparecencia dos Concelleiros delegados de diversas áreas municipais para dar conta dos fondos que destina a Deputación de Pontevedra ás arcas municipais.
17.- Interpelacións.
18.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
19.- Rogos e preguntas.
20.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2016.


O ALCALDE-PRESIDENTE,   A SECRETARIA XERAL,


Alberto Varela Paz Rosa Losada Suárez
[/lock]

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget