Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


🎨 EXPO RAMÓN PAZOS 3-jun-15jul'16

Exposición en Sala Antón Rivas Briones. Del 3 junio al 15 julio 2016, 10:30h . Entrada libre/ 

"PINTANDO NA RÚA" EXPOSICIÓN DE RAMÓN PAZOS  

Escolma de traballos feitos nos últimos anos inspirado nas rúas de Vilagarcía e a súa contorna.

Horarios de visita Sala Briones:
De lunes a sábado de 10:30 a 13:30 y de 18:00 a 21:00. Domingo de 10:30 a 13.30.
Dirección: Alcalde Rey Daviña, s/n 36600 Vilagarcia de Arousa
Teléfono: 986 50 56 61

A mostra "Pintando na Rúa" inaugúrase  o 3 xuño ás 20::00 e poderase visitar ata o 15 de xullo

Vilagarcía de Arousa, 3 de xuño de 2016.- A pintura regresa á Sala de Exposición do Auditorio, nesta ocasión da man de Moncho Pazos. O pintor arousá recolle en "Pintando na Rúa" unha colección da súa visión pictórica sobre diferentes escenarios e paisaxes de Vilagarcía, así como escenas cotiás recollidas das mesmas rúas. A mostra inaugúrase esta tarde, ás 20:00 horas e poderá visitarse ata o 15 de xullo.

Moncho Pazos volve a exhibir a súa obra en Vilagarcía 17 anos despois da exposición que protagonizara na Casa de Cultura en 1999. Para este esperado regreso tiña que preparar algo especial e iso apórtao a temática, completamente centrada en Vilagarcía. Despois de moitos bocexos, de probar con acuarela, témpera, rotuladores e ata con bolígrafo, Pazos decantouse finalmente polo óleo para plasmar en cadros a súa visión da paisaxe e das rúas de Vilagarcía. A mostra componse de algo máis de vinte cadros, moitos dos cales foron pintados polo autor "in situ", na mesma rúa; e outros no seu estudio a partir de boxetos rápidos e incluso fotografías do lugar que lle serve de inspiración.

O autor dedica a exposición a a súa muller Alicia e a súa filla Clara, xa que a obra que colga estes días no Auditorio foi o resultado dos paseos dados con elas polas rúas de Vilagarcía: músicos de rúa, os nenos nos parques, vendedores ambulantes, terrazas, a xente, o porto, os monumentos, as praias, o rural... toda unha homenaxe a Vilagarcía.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget