Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


🎨 EXPO SEBAS ANXO 13may-24jun'16

Expo en Sala Antón Rivas Briones. Del 13 Mayo al 24 Junio 2016. Entrada libre/ 

"A INDIFERENCIA DO BRANCO" EXPOSICIÓN DE SEBAS ANXO 

"Hai artistas que crean por subtracción e outros por acumulación. Uns parten dunha idea ou dun material en bruto e van quitando pacientemente todo o superfluo, todo o que sobra, para chegar ao núcleo. Como sabía o escultor que dentro do mármore había un cabalo?

Outros creadores, pola contra, traballan sobre un soporte ou unha estrutura á que van sumando, que van enriquecendo con achegas para construír materia nova.

Sebas Anxo é destes segundos.
Sobre unha superficie inicial vai engadindo pintura, pegadas, trazos, capas e memoria até cubrir todo o soporte. De aí a indiferenza cara ao branco, da que fala o título da exposición. Practicamente toda a obra que coñezo del emerxe a partir da idea de suma, de engadir estratos sobre os fondos previamente manchados.
Aínda que o seu proceso é analóxico, ás veces lémbrame o traballo por capas recortadas realizado cos programas dixitais de imaxe."

A indiferenza do branco (Tono Carbajo, Barcelona 2016)

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget