Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


Música e Baile Tradicional MALVEIRAS de Carril

Grupo de Música e Baile Tradicional 

Asociación Cultural Malveiras  

 O grupo de baile formouse en Carril, un pobo mariñeiro do Concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, pertence á Asociación Cultural do mesmo nome fundada en 1987, integrándose a ela en maio de 1993.

Está formado por xoves, estudiantes e traballadores, repartidos en :

Grupo de baile   -   Grupo de pandeireteiras/os  -  Grupo  de gaitas   - Furtivos

que se unen co obxectivo de recuperar e difundi-lo folclore, polo cal se alterna  o  labor  de investigación polas vilas e aldeas de Galicia, coa exibición de músicas e bailes dentro e fóra do territorio nacional.

O vestiario 

A indumentaría que presentamos nas  actuacións, abarca os variados traxes tradicionais, tanto de "Garda"  coma de "Cotio", utilizados nas aldeas galegas e cada baile leva o seu propio vestiario.

Colaboracións 

O grupo  colabora habitualmente co Concello de Vilagarcía para actuar polas distintas festas da vila; tamén ten un convenio coa Deputación de Pontevedra.

Escola malveiras  

Actualmente temos escola de gaita baile e pandeireta en colaboracion co Gato Negro de Carril



R/Castillejos 7 - Carril
36610 - Vilagarcía
Comarca de O Salnés
Pontevedra

Contacto: José Luis Eiras Mollinedo
Teléfono: 607606312
E-mail: malveiras@malveiras.com
E-mail: grupomalveiras@gmail.com
http://www.malveiras.com/

MÚSICA E BAILE TRADICIONAL “MALVEIRAS”
PANDARETEIROS/AS “MALVEIRAS”



Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget