Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

19h30 NOVELA NEGRUÑA 14may'16

Sábado 14 Mayo 2016 19:30h en Avda Mariña. Entrada libre 

NEGRUÑA, PRESENTACIÓN DA NOVELA DE XOSÉ DUNCAN

O vindeiro sábado 14 de maio, as 19:30 horas, na Cervecería Gaël o Ateneo Mar de Arousa, Curtas A.C. e XAS (Xuventude Activa en Sinerxia) convidante á presentación da novela “NEGRUÑA” do vilagarcián Xosé Duncan.
Contaremos coa presenza do autor, Xosé Duncan, e de seguido levarase a cabo o coloquio “Fantasía e ciencia ficción na literatura galega actual”.
Non faltes!

Distopía, futurismo, ficción... Talvez non sexa máis que a imaxe esvaecida de ela mesma dentro de non moito tempo. Benvid@s a Negruña.

Unha cidade non é máis que o reflexo das almas dos seus habitantes e, cando a unha podrece, as outras déixanse arrastrar até o extremo máis escuro e vil. Pasaron moitos séculos desde que A Coruña se converteu en Negruña, deseñada e pensada para ser máis eficaz dentro da economía do Consorcio de Cidades mais gobernada e dirixida polos mesmos ineptos de sempre. As súas rúas xa non brillan alén das horas de luz permitidas polo Concello e a súa xente vive co temor perpetuo de que clausuren os seus fogares porque, malia que ninguén se atreva a dicilo publicamente, a clausura significa o exterminio dos distritos non produtivos, daqueles que acadaron cotas de desemprego superiores ás permitidas.

Porén, cando a corda se tensa tanto que está a piques de se romper, neses días nos que nada semella recuperábel, será o momento no que aparezan heroes anónimos capaces de liderar exércitos.

Unha guerra estoupará nas rúas de Negruña mais non será só unha loita entre veciños. Nunha procura iniciada no principio dos tempos, a escuridade chegará para reclamar o «lume no sangue», para sacrificar aos escollidos e iniciar unha nova orde mundial.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget