Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


10h PESDEBARRO: TALLER DE CANTO 29may'16


FORMACIÓN Domingo 29 Mayo 2016 10:00h a 20:00h en Centro Cultural de Rubians. Inscripcion previa/ 

TALLER DE CANTO 

Información 630291436
Prezo 20€ socios. 25€ non socios. Data límite inscripción 20 Maio
Non sei cantar. Non teño voz. So canto na ducha. Dáme vergoña

Cada quen pon as desculpas que quere para non cantar.
O que acostuma a pasar é que non sabemos moi ben como facelo.
Para iso está este curso.
Dun xeito ameno, tentaremos achegarnos á nosa voz e o xeito de empregala, a través de diversas técnicas .
E non só é valido para o canto: se quedas afónico con dicir dúas palabras, se traballas usando a túa voz, ou simplemente se che apetece aprender un pouco máis de como funciona.

En Pésdebarro vimos desenrolando durante o ano un pequeno taier de percusión tradicional ( xunto con outros de danzas do mundo e baile tradicional),.
Actividades que abrimos ao resto da xente para que se acheguen a estes mundos dende o lúdico, sen máis aquel que querer aprender e divertirse facéndoo. Logo cada quén aplicará o aprendido onde máis lle guste.
Ao longo do ano, facemos, ademais, diversas xornadas con monográficos para complementar a aprendizaxe. Cursos normalmente de unha xornada, nos que aparte de aprender, queremos fomentar a convivencia entre os que neles participamos, facendo un especial fincapé na relación interxeneracional. Todos aprendemos de todos.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget