Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

📣 20h PROCESIÓN VILAGARCÍA 3jun'16

Viernes 3 junio 2016, 20:00h en ruas.

PROCESIÓN DO SAGRADO CORAZÓN 

O departamento de tráfico da Policía Local de Vilagarcía está traballar no dispositivo para a procesión do Sagrado Corazón, prevista a partir das 20:00 horas do vindeiro día 03/06/2016, e que terá o seguinte percorrido:
- Praza da España (saída)
- Rúa Edelmiro Trillo
- Rúa Padre Feijóo
- Praza de Galicia
- Rúa Arcebispo Lago
- Rúa Brandariz
- Rúa Castelao
- Rúa General Pardiñas
- Rúa Covadonga
- Praza de españa (finalización)
Foron colocados carteis informativos nas rúas afectadas, informando da prohibición de estacionamento de vehículos e solicitando a retirada dos alí estacionados a partir das 17:00 horas.
As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico rodado durante o transcurso do evento, estando restrinxido o acceso e saída de vehículos dos vados permanentes.
RECOMENDACIÓNS:
- Chegue coa antelación suficiente, e utilice os estacionamentos periféricos: TIR-Ramal, e Fexdega (traseiro e dianteiro). Evite acceder ao centro urbano. Para vehículos en tránsito recoméndase utilizar as vías de circunvalación (N-640, e VG-4.7).
- Manteña os nenos á vista. Evite que invadan a comitiva. Lémbrelle, que en caso de perderse, poden dirixirse a un Policía.
- Nas aglomeracións, vixíe os seus enseres.
- Os residentes e usuarios das rúas do itinerario, deberán prever as súas chegadas e saídas, para evitar a coincidencia co horario da procesión.
A POLICÍA LOCAL DE VILAGARCÍA traballa pola súa seguridade. Siga as súas indicacións e colabore cos membros da Organización, e cos voluntarios que participarán no evento.
Grazas pola súa colaboración.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget