Política na Praza de Galicia. Participación libre. Sábado 11 xuño, 12:00h / 

ENCONTRO COA MOCIDADE 

A xente nova sentimos ás veces a política lonxe da nosa realidade cotiá, porque non se fala de nós na escena política máis que de forma retórica, e isto agrávase se cadra en campaña electoral. Por iso Galiza Nova convida a toda a xente moza a achegarse a este encontro e expoñer abertamente as súas inquedanzas e expectativas políticas e sociais. Estarán con nós para compartir debate e escoitar o que a xente moza temos que dicir dúas persoas tamén novas e candidatas ao Congreso, Helena Vilas e Jasper, vocalista e guitarrista de Nao, así como o Secretario Xeral de Galiza Nova Alberte Mera e a deputada do BNG no Parlamento Galego Montse Prado.

Non teñas vergoña de achegarte e dicir o que pensas! Temos moitas cousas que dicir e a oportunidade de facelo directamente aos nosos representantes políticos.

Para despedir a xornada contamos coa actuación acústica de Jasper

Este sábado 11, ás 12:00 na Praza de Galiza de Vilagarcía, Encontro aberto coa mocidade. Non faltes!

@galizanova, @gznovaosalnes, @obloque,
 
Top