Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


📣 17h PLENO MUNICIPAL 28jul'16

en Salón de Sesións do Concello. Jueves 28 julio 2016, 17:00h 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

ORDE DO DÍA 

  • 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 30 de xuño de 2016.
  • 2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de xuño de 2016.
  • 3.- Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (2º trimestre 2016).
  • 4.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 5.- Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza Reguladora da actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras.
  • 6.- Aprobación definitiva, se procede, do Plan Especial en desenvolvemento da unidade de execución nº 21 do PXOM.
  • 7.- Adxudicación, se procede, de operación de refinanciamento de préstamos.
  • 8.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Somos Maioría, contra o uso do glifosato no Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • 9.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a adopción de medidas de mellora da accesibilidade e na seguridade viaria na Avda. Agustín Romero.
  • 10.- Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 11.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 12.- Resposta as preguntas formuladas na anterior sesión plenaria.
  • 13.- Rogos e preguntas.
  • 14.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


Vilagarcía de Arousa, 19 de xullo de 2016.

O  ALCALDE-PRESIDENTE,   A SECRETARIA XERAL,

Alberto Varela Paz,   Rosa Losada Suárez

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget