Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


📣 20h ACTO OFICIAL CAMPO MARI PAZ VILAS 19jul'16

En Bamio. Martes 19 julio 2016, 20:00h

MARI PAZ VILAS DESCUBRE MAÑÁ A PLACA CO SEU NOME NO ESTADIO MUNICIPAL DE BAMIO 

Ademais haberá un partido mixto entre futbolistas do Atlético Arousana e o CF Bamio

Acto oficial de descubrimento da placa co nome da deportista bamiense que, rematada a liga e os compromisos co seu club, o Valencia CF, pasa uns días en Vilagarcía.

A propia Mari Paz será a encargada de descubrir a placa co seu nome no estadio municipal de Bamio nun acto presidido polo alcalde, Alberto Varela, ao que foron invitados os membros da Corporación e que está aberto ao público en xeral.

"Poñerlle o nome de Mari Paz Vila ao estadio responde a un dobre obxectivo por parte do goberno local. Por un lado, recoñecer a brillante traxectoria deportiva da futbolista natural de Bamio, formada no Atlético Arousana e que militou nas filas do Español, o FC Barcelona e actualmente do Valencia xogando sempre na máxima categoría, así como na selección española, destacando sempre polas súas dotes goleadoras, o que lle valeu para recibir o alcume de "Marigol".

O segundo é fomentar a igualdade, romper esterotipos machistas e destacar o papel da muller en todos os ámbitos, neste caso no eido profesional nun deporte considerado tradicionalmente como de homes."

Aparte do descubrimento da placa, o acto de mañá inclúe un partidiño de fútbol mixto entre xogadoras do Atlético Arousana B e dos rapaces da categoría cadete do CF Bamio.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget