en Auditorio, sábado 8 octubre 2016, 21:00h. Entrada desde 5€, +14 años

BOBAS E GALEGAS. MOFA & BEFA NO SÉCULO D'OURO 

Organiza AGADIC, PRODUCIÓNS-EXCÉNTRICAS

MOFA & BEFA surxe como comando de comedia contemporánea hai xa mais de dous septenios, cun espectáculo que corroeu a base dos tópIcos existentes sobre o teatro deste país. O espectáculo chamaba-se, irónicamente. Para ser exactos, leva feitas mais de trescentas representacións e algún dos seus fragmentos están incluidos no canon teatral da dramaturxia galega. Logo virían Manifesto para un teatro perralleiro, FinisMundi Circus, Cultura para dar e tomar, Sempre ao lonxe e agora Shakespeare para Ignorantes.

O dúo comico estendeu a sua actividade a outros espazos como o evento corporativo, a celebración académica, a festa empresarial, a didáctica dos negocios, a lúdica parlamentaria, etc. Teñen feito micro-espectáculos sobre as altas tecnoloxias, a creación de empresas, o mundo audiovisual, etc, nesta actividade debemos destacar “Unha carreira de obstáculos” O dúo é constituido por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira e teñen contado con colaboradores circunstanciais entre os que destacan o falador Quico Cadaval e o músico Piti Sanz.

 
Top