Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🎵FACTORÍA DE SUBSISTENCIA 21h 9sep'16

concierto en Parque Compostela, viernes 21:00h 

A BANDA DA FACTORÍA DE SUBSISTENCIA AO VIVO! 

En Chiringuito Pirata.

A creatividade musical das Rías Baixas e da Limia conflúen neste proxecto de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA.

Dúas persoas coas súas propias e respectivas inquedanzas artísticas.

Por unha banda Sabela Dacal, ligada ao mundo das artes escénicas, sendo acordeonista-pianista de distintos grupos musicais (actualmente Xestreu e Emilio Rúa) e, pola outra banda, Josito Porto, tamén ligado a ese enganoso mundo das artes escénicas e musicais (din as malas línguas que formou parte de Korosi Dansas e Magritte entre outro proxectos de dubidosa calidade).

A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quere aparentar una falsa tranquilidade desde o fondo do seu pozo. Poden aparecer pequenas pinceladas
que nos leven a pensar en Javier Krahe, SurfinBichos, Nacho Vegas, The Cure, Leonard Cohen, Albert Pla, reminiscencias folklóricas,… ou non, ao mellor simplemente quixeramos que fose así…ou non.

Somos FACTORÍA DE SUBSISTENCIA porque se trata precisamente diso, de crear, de inventar, de darlle forma ás ideas que xorden no noso interior ou ao noso redor, ás circunstancias que sobrevoan contínuamente aos nosos seres, aos comportamentos que tentan darnos leccións continuas de enfrontamento ante a vida.

CONTACTO:
JOSITO PORTO
Tlfno. 629 846 175
factoriadesubsistencia@gmail.com

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget