CURSOS BAILE GALEGO E DANZAS DO MUNDO

na Casa da Xuventude, lunes e martes 19:30h-21:00h. Desde 10€. Organiza: AsocPesDeBarro 

CURSO DE BAILE GALEGO 

A Asoc. Pesdebarro, ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para calquera idade, podedes asistir a unha clase e comprobalo por vos mesm@s

Duración: Todos os luns do 17 de outubro ao 26 de xuño na Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa.

Horario: 19:30 a 21 horas.
Prezo matrícula por mes: 10 € para @s soci@s de Pésdebarro / 12 euros non socios-as.
Inscrición: pesdebarro@hotmail.com / tl.: 692646068

CURSO DE DANZAS DO MUNDO 

A Asoc. Pesdebarro, imparte un curso de Danzas do Mundo no que se fara un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, danzas galegas.

Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xaponesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos, etcétera.

O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Duración: Todos os martes do 18 de outubro ao 27 de xuño na Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa.

Horario: 19:30 a 21 horas.
Prezo matrícula por mes: 10 € para @s soci@s de Pésdebarro / 12 euros non socios-as.
Inscrición: pesdebarro@hotmail.com / tl.: 692646068

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget