Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


🏃 ANDAINA MICOLÓXICA 11dic'16

10h30 en Ribadumia, Lugar dos Castaños barrantes (Ruta da Pedra e da Auga). Domingo 11 de Decembro 2016, 10:30 en Ribadumia. Inscripción previa tel 625336323. Precio 15€ 

I ANDAINA MICOLÓXICA NA RUTA DA PEDRA E DA AUGA 

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Esta experiencia sensorial para coñecer o entorno micolóxico da ruta da pedra e da auga terá como punto de inicio e encontro o lugar de Os Castaños, Barrantes (Ribadumia).

Dende alí, e da man do noso equipo xunto cos nosos compañeiros de Arenaria Coordinación, daremos lugar a andaina micolóxica. O entorno natural que rodea a ruta da pedra e da auga é moi rica. Seguindo o transcurso do río atoparemos unha gran diversidade de vexetación, entre os cales poderemos identificar o alcornoque, o castaño ou o pino.

O equipo micólogo de Arenaria será o encargado de introducir neste fascinante mundo os participantes. Con gran experiencia e coñecemento, é un equipo formado para desenvolver a actividade solventando todas as dúbidas dos asistentes. Ademais, porán no seu coñecemento todas as curiosidades con respecto os cogomelos que vaiamos descubrindo o longo dos sendeiros.


COMO ASISTIR A ANDAINA MICOLÓXICA

A “I Andaina Micolóxica” iniciarase as 10:30 da mañá do domingo 11 de decembro. Esta é unha actividade apta para todos os públicos que ten como fin a de proporcionar unha xornada enriquecedora e diferente para os participantes.

Para asistir ao evento micolóxica soamente tes que chamar ao 625336323/4 (atención mediante Whatsapp) ou enviar un correo electrónico a oficina@piraguilla.com antes do sábado 10 de decembro. Deberase indicar o número de persoas que van asistir e un contacto.

O prezo por participar na andaina micolóxica na ruta da pedra e da auga e de 15€/persoa.

Unha oportunidade única para enriquecerse co noso entorno natural.

Organiza Piragüilla Ocio e Aventura

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget