18h en Ribadumia, Centro Social Barrantes. Entrada libre. 22 decembro 2016   

XORNADA PARA ASESORAR AS MULLERES CON DISCAPACIDADES NA BUSCA DE TRABALLO 

Asesorar as mulleres con discapacidades para encontrar traballo é o obxectivo da nova iniciativa que pon en marcha o CIM de O Salnés, que da servizo aos concellos de Meis, Ribadumia e Cambados.
Trátase da I Xornada Muller, Traballo e Discapacidade que se celebrará o 22 de decembro no Centro Social de Barrantes ás 18 horas, en colaboración coas asociacións Cogami, Anduriña e Acadar.
O acceso é libre e aberto a mulleres, homes e empresas que queiran informarse.

A iniciativa foi presentada en Ribadumia, coa presencia do alcalde David Castro, o concelleiro de Servizos Sociais, Enrique Oubiña, a axente de Igualdade do CIM, Mónica Novas, e Soledad Cores, afectada por unha discapacidade.
 
Top