Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


21h 🎬 ÁDEGA: CAROL 18ene'17

21h cine en Salón García. Entrada 4€. Miércoles 18 enero 2017 

CINE CLUBE ÁDEGA: CAROL 

Prezos: Socios Anuais: de balde; Socios por 1 día/sesión: 4€

O Cineclube Ádega proxectará dúas longametraxes neste mes de xaneiro, coma sempre en VOSE e con entrada libre para os socios e de 4 euros para o público xeral.

A primeira delas será este mércores día 18 no Salón García ás 21 horas, sendo a cinta elixida "Carol" (R.Unido, 2015), dirixida por Todd Haynes e protagonizada por Cate Blanchett e Rooney Mara (ambas nominadas, entre outros premios, aos Oscar e BAFTA).

"New York, anos 50. Unha xoven aspirante a fotógrafa que traballa como dependenta nunha tenda de Manhattan coñece un día a Carol Aird, unha sofisticada e elegante muller atrapada nun matrimonio infeliz.Nace entre elas unha conexión inmediata, cada vez máis intensa e profunda"

A seguinte proxección terá lugar o mércores 25 ás 21h, tamén no Salón García. Nesta ocasión a protagonista será "Le Locataire" (O quimérico inquilino), de Roman Polanski (1976).

  "Polanski interpreta ao agradable Trelkovsky, o caseiro dun apartamento en París cun sombrío pasado...a anteior inquilina tirouse polo balcón. As súas pertenencias continúan alí, alimentando a obsesión de Trelkovsky pola muller".

info:
http://www.cineclubeadega.com/

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget