18h en Vilagarcía, Alexandre Bóveda 2. Entrada libre. Sábado 21 enero 2017   

Documental Lucio

O próximo sábado 21 de xaneiro ás 18:00 proxectaremos o documental "LUCIO" no local do Sindicato Arousano Libertario. Un traballo documental e biográfico sobre Lucio Urtubia (Cascante, Navarra), anarquista que loitou pola causa con tódalas súas consecuencias. Ademáis de colaborar co Ché Guevara, ou axudar a Eldridge Cleaver, líder dos Panteras Negras, puxo en apuros ao banco máis poderoso do planeta a través da falsificación masiva de traveller check. E todos isto, sen faltar un día ao seu traballo como albanel.
Vémonos este sábado ás 18:00 no local (r/ Alexandre Bóveda, nº 2, 3º andar).

Para máis información: http://www.lucio.com.es/index.html
 
Top