🎇 Noites Mouchas en Cambados feb-abr'17

22h en Cambados. Salón Peña. Entrada 2€. Los viernes de febrero a abril 2017 

Noites Mouchas en Cambados 

Noites Mouchas é un programa de ocio alternativo para as noites do venres que terá lugar en Cambados (Pontevedra) dende o 3 de febreiro ata o 28 de abril.

As actividades deste programa están dirixidas á mocidade de entre 16 e 35 anos e levaranse a cabo no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril. A programación será a seguinte:

É recomendable a inscrición, a cal poderedes facer a través do correo noitesmouchas@gmail.com, presencialmente na OMIX de Cambados ou dende o mesmo Facebook.

Programa 

Viernes 10feb 🎇 Furor Furor 22h (aplazado desde el 3 por mal tiempo) Esta actividade consiste nun concurso de quen é o que máis sabe de música. Animate a participar nesta divertida noite na que por equipos competiredes por subir ó podium do furor musical 
Sábado 10feb 🎇 Andale wey! Noites pinches 22h terá lugar o obradoiro "Ándele wey, noites pinches" do programa de noites mouchas. Entrada 2€ 
Esta actividad constará de:-Obradoiro de cociña mexicana: quesadillas e enchiladas/ -Xogo interactivo sobre México: canto sabes do pais dos mariachis?/ -Concurso de chili picante: quen é o que máis aguanta?/ -Xogos tipicos mexicanos/ -Coreografía conxunta do baile tradicional mexicano Jarabe Tapatio.



Viernes 17feb 🎇 O que necesitas é amor 22h terá lugar o obradoiro "o que necesitas é amor" do programa de noites mouchas. Entrada 2€ 
Aproveitando a celebración do día dos namorados, noites mouchas oferta unha alternativa diferente e divertida para os mozos e mozas sen parella, aínda que os que a teñen, tamén poderán acudir, consiste nunha actividade de xogos e dinamicas para coñecer xente e pasalo ben


Sábado 24feb Noites on rol 22:30h terá lugar o obradoiro "noites on rol" do programa de noites mouchas. Nesta actividade cada participante ten unha ficha de personaxe na cal figura a información básica deste, ademaisdunha lista de atributos e habilidades con unha puntuación numérica. O maestro de rol propón situacións e os xogadores teñen que resolvelas. Entrada 2€


Viernes 03mar Cine de Vila 22:30 terá lugar o obradoiro "cine de vila" do programa de noites mouchas.
Esta actividade consiste na proxección de tres curtametraxes e posterior mesa redonda con debate sobre as impresións acerca dos temas. Entrada 2€ 


Viernes 10mar A vida é un teatro 22:30 terá lugar o obradoiro de teatro dentro do programa de noites mouchas.Obradoiro no que se impartirán nocións básicas de teatro e que culminará cunha obra de guión improvisado na que participarán tódolos asistentes. Entrada 2€ 



Viernes 17mar Tucupaca, noite de percusión 22h terá lugar o obradoiro "noites de percusión tucupaca" do programa de noites mouchas. Entrada 2€
Obradoiro de percusión onde se impartirán nocións básicas sobre distintos instrumentos deste xénero, gozando da música e da improvisación  


Viernes 24mar O Trivial dos culturetas 22h terá lugar o obradoiro "o trivial dos culturetas" do programa de noites mouchas.
Esta actividade será por equipos e deberán acertar as diferentes preguntas que compoñen as categorias do trivial, así como un remake das probas de diferentes programas televisivos culturais como pasapalabra. Quen quere ser Millonario ou Saber e Gañar, entre outros. Entrada 2€


Viernes 31mar Chilaba e cachimba, noite marroquí 22h terá lugar o obradoiro "noites de chilaba e cachimba" do programa de noites mouchas.
Esta actividade será unha velada ambientada na cultura marroqui na que se levarán a cabo distintas actividades coma xogos interactivos para dar a coñecer a cultura e tradicións de Marrocos, cata de tés e shishas, obradoiro de henna, música e danza árabe e cociña e degustación de pratos tradicionais, invitando a nativos para que compartan connosco os avatares da súa cultura. Entrada 2€


Viernes 07abr A gran noite dos retos 22:30 terá lugar o obradoiro "A gran noite dos retos" do programa de noites mouchas. Entrada 2€
Con esta actividade preténdese pasar unha divertida noite na que os asistentes deberán superar diferentes retos asignados de xeito aleatorio, tales como por exemplo, ser capaz de superar unha certa proba nun operiodo de tempo concreto ou provisto dun disfraz extravagante cantar nun lugar público 



Viernes 21abr Noite Mística 22:30h terá lugar o obradoiro "noite mística" do programa de noites mouchas. Entrada 2€
Programa: -Obradoiro de respiración oloxénica/ -Explicación da historia do tarot, técnicas de interpretación/ -Lectura das cartas a quenes se presten voluntarios/ -Relato de lendas e historias místicas

Viernes 28abr Gran festa final 21
h terá lugar o a festa final de noites mouchas. Entrada 2€
Esta actividade ven sendo o acto de clausura de noites mouchas, onde se verá unha mostra do realizado durante as actividades, concerto con diferentes grupos e artistas locais e tamén habrá sorteos.
Os grupos que actuarán serán:
Doen
IGMIG
Putas Lisérgicas


Inscricións na OMIX do Concello
ou no mail noitesmouchas@gmail.com

Vémonos tódolos venres! 

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget