Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


17h 🎭 O mundo máxico de Pinocho 12feb'17

17h teatro infantil en Vilagarcía, Auditorio. Entrada +8€. Domingo 12 febrero 2017 

O mundo máxico de Pinocho 

Unha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Cario Collodi.Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade.
En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

A participación do público, unha das características de EducaTeatro Producións, que colleitou un grande suceso cos seus anteriores musicais -Carapuchiña Vermella e Os tres porquiños-, será outra constante na nova montaxe. Á entrada ao teatro, repartirase entre todos os asistentes un marcapáxinas con forma de variña máxica para que axuden á Fada Mimadriña nos seus trucos, e ao remate da función, todo o que desexe (e de forma totalmente gratuíta) poderá sacar fotografías cos personaxes da obra.

A proposta, de 60 minutos de duración, mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos. Un completo espectáculo especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.

Organiza: Agadic
Duración: 60 min + fotografías ao final cos protagonistas
Público: Familiar con pequenos a partir de 2 anos
Venda de entradas: anticipada en Ticketea.com e no Tlf: 902044226, e no mesmo día da actuación no Auditorio a partir das 15:00 hs.
Prezo: anticipada 8€ (+ gastos de xestión), taquilla 10€.
Duración: 60 minutos máis fotos cos protagonistas ao remate da función.
Idioma: Galego.

http://educateatro.com/index.php/espectaculos/o-mundo-ma-xico-de-pinocho


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget