19h30 charla en Vilagarcía, Gato Ngro Carril. Entrada libre. Sábado 11 febrero 2017
Cláusulas e abusos da banca
CLÁUSULAS SOLO E OUTROS ABUSOS DA BANCA
¿Qué son as cláusulas solo?
Introdúcense nas hipotecas a interese variable, e non permiten que o tipo de interese baixe dun mínimo, xeralmente en torno ao 3%.
O EURIBOR atópase dende o 2009 nunha caída que o sitúa a día de hoxe por debaixo de cero.
A pesar disto, os bancos non baixan o seu beneficio das súas hipotecas grazas á cláusula solo.
¿Que solucións ofrece a Xustiza?
A Sentenza do Tribunal Supremo de 9 de maio de 2013 iniciou un camiño para a recuperación das cantidades cobradas de máis por aplicación das cláusulas solo.
Sen embargo, cometeu o erro de limitala retroactividade das devolucións.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea corrixe este erro, ao ditaminar que se debe devolver todo o que se cobrou de máis.
A reclamación xudicial é a vía máis segura para a recuperación de todo o pagado de máis, e para reclamar tamén a nulidade doutras cláusulas abusivas, como a de gastos de outorgamento, etc.
¿Que solucións ofrece o goberno?
O goberno estableceu o pasado día 21 de xaneiro un sistema que favorece á banca:
- Non é obrigatorio para a banca.
- Non permite recuperala diferenza na amortización do principal.
- Non garante a recuperación íntegra, nin sequera do indebidamente pagado.
- Non obriga ó banco a formular una oferta, pode non contestar.
- Non permite solicitar a nulidade doutras cláusulas abusivas, coma os gastos de outorgamento e outras.
Publicar un comentario