Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


📣 Folga estudiantil 16feb'17

12h en Vilagarcía, Praza de Galicia y en Caldas, A Carballeira. Jueves 16 de febrero 2017 

Folga estudiantil ensino medio e universitario 

Non á Lomce!. Non aos recortes en educación. Por unha escola pública inclusiva de calidade. 


Folga convocada pola organización estudantil Erguer. Estudantes de Galiza, para ese día. Así o explicaba o seu portavoz, Anxo Louzao, quen asegurou que “continuaremos mobilizándonos mentres non se derroguen definitivamente a LOMCE e as reválidas”.

Pola construción dun pacto educativo adaptado ás necesidades do ensino galego e do que o estudantado sexamos parte activa, pola non aplicación do Decreto do 3+2 e contra os recortes no ensino público, desde a organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza convocamos unha folga estudantil no ensino medio e universitario para o próximo 16 de febreiro, con mobilizacións ás 12 da mañá nas sete cidades e en moitas máis vilas do país que iremos anunciando proximamente.

Lugares e horas das concentracións e manifestacións do 16f 

O 16 de febreiro o estudantado galego volverá encher as rúas da Galiza na defensa do ensino público galego. Bótalle un ollo ás manifestacións e concentracións, participa e difunde!

Todas as mobilizacións serán ás 12h

A Coruña – Praza de Vigo
O Barco de Valdeorras – Concentración na praza do Concello
Boiro – Concentración na praza do Concello
Caldas – Concentración na  carballeira 
Vilagarcía – Concentración na praza de Galiza 
Cangas – Concentración na praza do Concello
Compostela – Alameda
Ferrol – Diante do Edificio da Xunta
Lugo – Praza do Seminario
Melide – Diante do IES de Melide
Moaña – Concentración na praza do Concello
Ourense – Diante da Subdelegación do Goberno
Ponteareas – Concentración á saída dos IES
Pontevedra – Praza da Peregrina
Ribeira – Diante do IES nº1
Vigo – Praza América

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget