Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


🏃 Andaina Penaguda 2abr'17

9h30 en Xil, Meaño Domingo 2 de Abril 2017 

🏃 Andaina Penaguda 

A Asociación Cultural Penaguda de Dena organiza unha andaina por algúns dos sitios máis interesantes para visitar da nosa parroquia veciña: Xil.

O evento terá lugar o domingo 2 de abril e todos aqueles que queiran vir terán que presentarse no parque do Barreiro en Xil ás 09:30 horas. Logo iremos visitando os seguintes lugares:

  •  Muiños de Xil: será a primeira etapa do recorrido.
  •  Petroglifos de Sobreira: un dos gravados máis importantes e numerosos dos que hai en toda a comarca do Salnés.
  •  Miradoiro da Queimada.
  •  Punto xeodésico: con unhas vistas inmellorables de toda a ría.
  • Regreso ó parque do Barreiro sobre as 14:00 horas onde comeremos todos xuntos e pasaremos a tarde con xogos ata as 19:00 horas.

Recoméndase levar roupa e calzado axeitado (evitar pantalóns curtos) así como levar unha viseira para o sol. Se fai moito calor botar protección solar. Cada un deberá levar a súa comida e bebida, e recoméndase que os menores vaian acompañados dun adulto (de non ser así, deberase solicitar unha autorización para entregar debidamente cuberta á asociación)

En caso de choiva e mal tempo a andaina quedará suspendida ata novo aviso.

No seguinte enlace podes atopar o Parque de O Barreiro en Xil, desde onde sairemos: https://goo.gl/CHaAjJ

Animádevos a participar!

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget