ūüí° Comunicarse con persoas con discapacidade 29mar-06abr'17

En Exposaln√©s, Cambados. Gratis. do 29 de marzo √≥ 6 de abril de 2017 

"Falemos" Aprende a comunicarte con persoas con discapacidade 

A Asociación Achega ofrece un curso gratuíto para aprender a comunicarse coas persoas con discapacidade.

www.asociacionachega.es

O mesmo terá lugar no salón de actos de ExpoSalnés entre os días 29 de marzo e 6 de abril. Serán un total de 16 horas impartidas por profesionais expertos en comunicación e diversidade funcional;profesionais de axuda a domicilio; profesionais do ámbito sanitario: psicólogos/as, médicos/as, enfermeiros/as, traballadores/as sociais, etc.;técnicos/as; e, profesionais das residencias e centros de día.

O horario das clases ser√° das 19 √°s 21 horas.

A metodoloxía empregada será teórico-práctica. As accións formativas consistirán nun curso presencial que seguirá unha metodoloxía activa e dinámica, favorecendo a participación e adaptando o curso tanto ao grupo como ás características individuais de cada persoa. A dinámica do desenvolvemento das xornadas será maioritariamente práctica, empregando role-playing, estudios de casos, experiencias no eido da diversidade funcional, etc. Os participantes recibirán material de apoio.

Os asistentes ao curso, un m√°ximo de 30, poder√°n ser familiares de persoas con discapacidade, estudantes, profesionais de axuda a domicilio e todos/as os/as interesados/as na tem√°tica da dependencia e a discapacidade.

Poderán inscribirse no teléfono dos Servizos Sociais do Concello de Cambados (986 520510) ou no enderezo electrónico da Asociación Achega (info@asociacionachega.es).
Este curso pretende dotar de co√Īecementos te√≥ricos e pr√°cticos a todas aquelas persoas que queiran ou precisen saber como previr ou resolver conflitos coas persoas con diversidade funcional, empregando a comunicaci√≥n como ferramenta.

As clases estar√°n divididas en cinco m√≥dulos: definici√≥n, conceptos clave, tipos de discapacidade e “ponte no meu lugar”; barreiras da comunicaci√≥n; o proceso de comunicaci√≥n; t√©cnicas de comunicaci√≥n eficaz; e, pautas para mellorar a comunicaci√≥n: normas b√°sicas, casos e peche do curso.


@AsociacioACHEGA
marzo 29, 2017
0

Comentarios

Search

Popular Posts

Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa 2019

18 al 22 Mayo 2019: Eventos en Vilagarcía de Arousa

AUTOBUS

Del 1 de julio al 10 de septiembre de 2019  HORARIOS DE AUTOBUS. VERANO 20…

Axenda Maio 2019 en Vilagarcía de Arousa

Maio 2019: Eventos en Vilagarc√≠a de Arousa  AGENDA CULTURAL DE EVENTO E …

Labels