Agenda diaria: Elige fecha para ver los eventos de en Vilagarcía de Arousa.

🎇 Mostra internacional da Camelia 11-12mar'17

en Cambados. Salón Peña. Sábado 11 e Domingo 12 de marzo 2017 

I Mostra Internacional da Camelia 

Mostra internacional da Camelia que se celebrarán os dias 11 e 12 de marzo no Salón Peña de Cambados, Organizado pola asociación Ibérica da Camelia

O programa é o seguinte:

Sábado 11 de marzo

  • 09:00 h. Apertura do salón para colocación das flores que entren en concurso
  • 13:00 h. Concerto de Iria Mejuto;"Un paseo pola música negra".
  • 14:00 h. Inauguración da I Mostra Internacional da Camelia en Cambados
  • 14:30 h. Xantar.
  • 16:00 h. Apertura do salón J. Peña ó público para poder disfrutar da esposición de flores
  • Obradoiro, "Mosaico feito em Cacos"; creación dunha camelia coa arte dos mosaicos, impartido polo mestre Antonio Soares. Prazas limitadas a 12 persoas (a partir dos 8 anos). Inscricións na biblioteca municipal Luís Rei (ata o 9 de marzo) 986 520 008 ou no teléfono 667 415 164 (José María). Prezo 15 euros.
  • 17:30 h. Contacontos. "Dada o duende". Entrada de balde ata completar aforamento.
  • 20:00 h. Peche de portas do Salón.

Domingo 12 de marzo
  • 10:00 h. Apertura do Salón J.Peña
  • Continuación do obradoiro de "Mosaicos feito em Cacos" no primeiro andar do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña. Remate da actividade ás 11:30 h.
  • 10:00 h. Obradoiro de "Esmaltado dunha Camelia"*. Realización e creación dunha camelia personalizada. Impartido por Pilar Blanco, pedagoga e xoieira. Prazas limitadas a 12 persoas (apartir dos 8 anos). Inscricións na biblioteca 986 520 008 ou no teléfono 667 415 164 (José María).Prezo 10 euros* (este obradoiro impartiuse o ano pasado e as persoas interesadas en volver a realizalo terán outro formato de camelia)
  • 12:00 h. Obradoiro "Os catro tesouros". Marabilloso obradoiro que nos achega a cultura chinesa. Oportunidade de aprender e descubrir cos catro tesouros e de maneira divertida, esta arte milenaria. Prazas limitadas entre 20-25 persoas máximo. Gratuito a partir dos 12 anos. Inscricións na biblioteca 986 520 008 ou no teléfono 667415164 (José María)
  • 12:45h. No Parador de Turismo de Cambados, entrega da distinción “Cambados Cidade Camelia de Ouro” ao gañador deste ano 2017. Ademáis farase a entrega doutros galardóns aos seus respectivos gañadores.
  • 14:00 h. Peche do Salón J.Peña
  • 16:00 h. Apertura do Salón ó público.
  • 20:00 h. Clausura da I Mostra Internacional da Camelia en Cambados na edición 2017.


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget