Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


📣 Pleno Municipal Vilagarcía 27abr'17

17h en Salón de Sesións da Casa do Concello. Entrada libre. jueves 27 de abril de 2017 

Sesión Plenario Ordinaria en Vilagarcía 

Sesión plenaria a celebrar no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 27 de abril de 2017, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
  • 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 30 de marzo de 2017.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de marzo de 2017.
  • 3. Toma de coñecemento dos informes de morosidade previstos na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificacion da Lei 3/2004, de 29 de decembro (1º trimestre 2017).
  • 4. Toma de coñecemento da aprobación da liquidación do orzamento do Concello e da FPSDM correspondente ao exercicio económico de 2016.
  • 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 6. Deixar sen efecto, se procede, o expediente de baixa de saldos de exercicios pechados por anulación de obrigas recoñecidas pendentes de pago nº 2/MSI/2016 (Luz Salgada).
  • 7. Aprobación, se procede, da solicitude de comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales), formulada polo grupo político municipal de EU.
  • 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, en defensa do sistema público de pensións.
  • 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU para a elaboración dunha carta de servizos no Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSdeG-PSOE sobre ampliación edificios xulgados e creación do 4º Xulgado en Vilagarcía de Arousa.
  • 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG pola biodiversidade fronte á eucaliptización.
  • 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG relativa ao superávit dos Concellos.
  • 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 15. Rogos e preguntas.
  • 16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget