9h en Bamio, Vilagarcía. Entrada libre. viernes 2 junio 2017
Historias dos Ballotes. Obradoiro con Bea Comendador
Será unha grande ocasión para coñecelos, porque unha equipa que traballa estes días na estación rupestre, está deixando os penedos nas mellores condicións para seren vistos coa luz do solpor e luz artificial de noite.
Tamén haberá sorpresas e apareceran por alí algúns dos personaxes mais ilustres e famosos desta marxe da ría de Arousa para contar as súas historias.
Esta actividade está preparada para os nenos e nenas que queiran acudir, tamén acompañados, sempre que se apunten no correo electrónico da Asociación TDAH, ou con Mela na Axencia de Lectura de Bamio. A actividade é de balde.
Non perdas a ocasión de coñecer as Historias dos Ballotes. Agardámosvos ás 9:00 alí!!
Publicar un comentario