Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


Maio Cultural Riveira 2017

0h00 en Vilagarcía. Entrada libre. lunes 00 de febrero 2017 

Maio Cultural Riveira. Mes das Letras Galegas, dedicado a Carlos Casares 

🎭 escena, 🎵 musica, 🎬 cine, 🏃 deporte, 💬 acto, 🎇 festival, 🏬 promo, 🍴 gastro, 📣 anuncio, 💡 formación, 🎨 expo, 👪 infantil, 📆 celebración

2017, evento, musica, 30sem, vilagarcia, inscripcion, 21may



UNHA VINTENA DE ACTIVIDADES FESTEXARÁN O MES DAS LETRAS GALEGAS CO MAIO CULTURAL

Unha vintena de actividades servirán en Riveira para festexar o mes no que se conmemora o Día das Letras Galegas coa ampla programación do Maio Cultural: unha iniciativa que xurde das áreas municipais de Educación e Cultura e que foron presentadas hoxe pola concelleira de ambos departamentos, Herminia Pouso, xunto coa responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín,

Concertos das corais, a rondalla de Aguiño ou de alumnos do Conservatorio; os clásicos contacontos dos sábados na biblioteca; o certame literario das Letras Galegas que xa vai pola XXV edición; exposicións ou unha conferencia en homenaxe a Carlos Casares por Henrique Monteagudo, membro da Real Academia Galega, son só algunhas das propostas organizadas.

Ademais, o propio día 17 de maio a cidade riveirense acollerá distintas actividades como xogos populares e o obradoiro literario “Conto das letras” na praza do Concello (de 12 a 14 horas) e unha ruada a cargo dos grupos de música tradicional Xoldra Rachada, Xiada e Arume (de 12.30 a 14.30 horas). Así mesmo, Aguiño tamén será obxecto como vén sendo habitual de diferentes actividades infantís en colaboración coa Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

PROGRAMACIÓN:

1.- Concellería de Educación

A) CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Sábados de Conto na Biblioteca
Biblioteca Municipal de Riveira, Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º.
Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos e acompañantes
Dentro do programa de dinamización da lectura promovido en colaboración con Ler Conta Moito, Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia.

Sábado 6 de maio, ás 12.00 h
A galiña azul e compañía. Cris de Caldas
Obradoiro de marcapáxinas ao rematar os contos.
A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de Carlos Casares e algúns contos tradicionais.

Sábado 13 de maio, ás 12.00 h
Mans. Os contos de Pablísimo
Espectáculo,un orixinal espectáculo onde as mans non paran de falar, teatro, marionetas e narración oral, as historias se contan con palabras e os personaxes aparecen nas mans.

Sábado 20 de maio, ás 12.00 h
O Xigante. Elefante Elegante
Narración oral acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música, é unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto, a plasticidade da manipulación dos obxectos e evolución do dispositivo escenográfico.

Sábado 27 de maio, ás 12.00 h
A festa da lingua. Servizo de Normalización Lingüística
Contos e lendas do noso contorno próximo.

B) CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE RIVEIRA

Concertos no Conservatorio de Riveira

Xoves, 18 demaio ás 18.00 h no salón de actos do Conservatorio
Concerto
de Andrés Pandelo, trompeta & Sergio Lorenzo, piano
Venres, 26 de maio ás 19.30 h no salón de actos do Conservatorio
Audición
dos alumnos de saxofón do Conservatorio Municipal (pianistas acompañantes, Luis Ignacio Blanco e Saúl Chapela)

Mércores, 31 de maio ás 18.30 h no Auditorio Municipal: Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música no que tamén participarán alumnos máis novos do conservatorio. Este festival que estará dedicado á Nai.

2.- Concellerías de Cultura e Educación

A) CORAIS

Sábado 13 de maio,Igrexa parroquial Oleiros
Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira ás 20.00 h
Coral Polifónica Municipal de Riveira ás 22.00h

Domingo 14 de maio, Auditorio Municipal ás 19.30 h
Festival de corais
Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira
Coral Alameda de Pontevedra
Coral Polifónica Municipal de Riveira

B) RONDALLA

Domingo 21 de maio, Auditorio Municipal ás 19.00 h
Concerto das nosas letras
Rondalla Albéniz de Aguiño dirixida por Alex Millet Alba

C) ESPECTÁCULOS DIRIXIDOS A ESCOLARES NO AUDITORIO

Festival das Letras do CEIP O Grupo
Data: 16 de maio
Hora: 10.00 h
Lugar: Auditorio Municipal

XXV Certame Literario Dedicado ás Letras Galegas “Carlos Casares”
OViravai, espectáculo musical dirixido aos colexios participantes no certame literario. Tamén se entregarán neste mesmo acto os lotes de libros agasallo ás bibliotecas escolares e os premios para os nenos e as nenas que gañen o concurso.

Data: 19 de maio
Hora: 11.00 h
Lugar: Auditorio Municipal

D) 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

EN RIVEIRA (POLA MAÑÁ)

Praza do Concello de 12.00 a 14.00 h
- Xogos populares
- Obradoiro literarioConto das letras.Confección de cadernos para os nenos/as con goma espuma e redacción de pequenas frases de autores homenaxeados nas letras galegas
Destinado público de 3 a 12 anos.

Ruada das letras Galegas de 12.30 a 14.30 h
As rúas da cidade estarán amenizadas con música tradicional durante a xornada de mañá, de 12.30 a 14.30 horas, a cargo dos grupos de música tradicionalXoldra Rachada, Xiada e Arume que rematarán a actuación as tres agrupacións xuntas coa interpretación do Himno Galego no Malecón (Palco de Pedra).

EN AGUIÑO (POLA TARDE)
Xornada recreativa en Aguiño, xunto coa Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño
- De 16.30 a 19.30h Parque de inchables, música, para os asistentes no Parque da Aula Municipal de Música de Aguiño
- Xornada infantil de debuxo destinado a nenos/as de 2 a 13 anos de idade de 17.00 a 19.00 h
- Espectáculo infantil e familiar de maxiaVolta á maxiaco magoDani García na Aula Municipal de Música de Aguiño ás 19.30h

E) CONFERENCIA HOMENAXE A CARLOS CASARES

Carlos Casares: un contador de historias.
D. Henrique Monteagudo Doutor en Filoloxía profesor, membro numerario da Real Academia Galega
Data: 24 de maio
Hora: 20.00 h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas

3.-CONCELLERÍA DE CULTURA

EXPOSICIÓN

Sala do Centro Cultural Lustres Rivas
4 médicos por Riveira”
Autores: Pablo Galego Feal “Pablo”, Leopoldo García Méndez “Leo”, ConstantinoCuesta “Tino” e Jesús Vázquez Gallego “Xesús Vázquez.
Do 5 ao 27 de maio
Horario de visita: Luns a venres de 9.00-14.00h e 17.00-21.00h / Sábado 11.00 a 14.00h e 17.00-21.00h

4.-CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN (BIBLIOTECA)

EXPOSICIÓN

Biblioteca Municipal
Letras Galegas
Exposición de libros e carteis sobre as Letras Galegas.
Promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Ata o 31 de maio
Horario de visita: Luns a venres de 10.00-14.00h - 17.00 a 21.00h / Sábados de 11.00 a 14.00h

Mostra de Teatro Infantil de Riveira (22 ao 26 de maio) promovida pola Área Municipal de Cultura e Festexos de Riveira.



Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget