Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


🏃 Ruta Ciclista Memorial "Teto" 17-18jun'17

Sábado en Meaño, domingo en Cambados. 17-18 junio 2017 

V Ruta Ciclista Do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba ‘Teto’  

Polas estradas da comarca do Salnés rodará durante esta fin de semana un pelotón de máis de cen corredores. A Ruta do Albariño – Memorial Modesto Sánchez Alba ‘Teto’ celebra a súa quinta edición consolidada como unha das mellores roldas do calendario español e sendo fiel ao seu formato habitual. Os ciclistas das categorías júnior, sub20 e feminina disputarán tres etapas en dous días con Meaño e Cambados como puntos neurálxicos desta mini volta.
A cita organizada polo Club Ciclista Cambados e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) rende homenaxe por segundo ano a ‘Teto’, un dos grandes “mestres” deste deporte en Galicia, e  abrirase o sábado ás 11:00 horas cunha cronoescalada de 3 quilómetros ao alto do Busto.
Despois do aperitivo matinal, pola tarde será a quenda da primeira proba en liña. Ás 16:00 horas os corredores poranse en marcha desde Meaño para completar un percorrido de 54 quilómetros coa Meta Volante do Grove (Km 14) e o alto de 3ª categoría de San Benito (Km 46) como puntos quentes antes de alcanzar a liña de meta da rúa Desiderio Dóvalo na vila meañesa.
O desenlace da Ruta do Albariño chegará a partir das 10:30 horas do domingo en Cambados con tres voltas a un circuíto de 23 quilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Nos dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartiranse puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro coñecerase ao vencedor da xornada e da xeral do tríptico.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget