en Padrón. Do 6-8 e 12-15 de outubro 2017
#SaboreaPadrón. Ruta e concurso de petiscos
VII edición das xornadas gastronómicas. 11 locais participan ofrecendo petiscos a 2 euros
Nesta ocasión a temática na que se centrará a preparación dos petiscos é o Camiño de Santiago como recoñecemento á relevancia que ten o Camiño para Padrón como berce do fenómeno Xacobeoweb: http://terrasdeiria.com/saboreapadron/
Locais e petiscos participantes:
- Café Bar As Camelias (Delicias do Camiño)
- Cafetería Alfolí (A tosta do Camiño)
- Cafetería Bámbola (O mirador do Camiño)
- Café Cultural Airiños (A cuncheira)
- Café Século XX (Traslatio)
- Central Perk (Pasiño a pasiño)
- O Alpendre (A Quintana)
- O Secreto (A Cunca do Peregrino)
- O Secreto do Viño (Pan e viño axudan a facer o Camiño)
- Retro Visor (Rolling Stone)
- Ruta Xacobea (HIC FUIT)
Votacións e premios
A través dunha tarxeta os clientes poderán participar votando ao mellor petisco, o que tamén lles permitirá entrar no sorteo de diversos premios.Participando no sorteo cunha tarxeta selada alomenos 3 dos 11 locais:
- 1 Premio dun vale de 100€ para consumir no establecemento que resulte gañador.
- 3 Premios de vales de 50€ c/u para consumir nalgún dos establecementos participantes.
- 1 Premio dun Aloxamento dunha noite con almorzo para dúas persoas no hotel O Semáforo de Fisterra, con queimada e agasallo especial ou unha experiencia turística a escoller entre diversas propostas existentes no sitio web www.planb.es
Actividades complementarias
En convenio co Concello Galiciaes+ organiza diversas actividades complementarias:SÁBADO 7 OUTUBRO
🚶 "Retiro na Pedronía: Primeiro Encontro da Galicia Consciente"
Retiro activo a través da experimentación no destino co cometido de cada lugar para a alma
DOMINGO 8 OUTUBRO
🚶 Visita guiada ao convento franciscano de Herbón
17.30 h Con degustación dun petisco no local gañador do sexto #SaboreaPadrón
Prezo 4€
XOVES 12 OUTUBRO
🚶 Roteiro a pé da Pedronía
9.00 h Realizando o Camiño de Santiago desde Compostela ata Padrón, que inclúe traslado a Santiago, guía, un petisco no local gañador do ano pasado e a visita ao Pazo do Faramello
Prezo: 53€
SÁBADO 14 OUTUBRO
🚶 Ruta etnobotánica en Herbón
17.00 h Para descubrir as diferentes especies de plantas sanadoras, coa súas propiedades curativas e
beneficios para a saúde.
Prezo: gratuito
Os interesados poden inscribirse e consultar os descontos dos Bonos Galiciaes+ a través do correo
electrónico reservas@galiciaesmas.com e do teléfono 676 81 46 74
Publicar un comentario