Culturgal 2017


en Pontevedra. Entrada 0€-3€. Viernes a domingo 1-3 diciembre 2017 

Culturgal 2017 

http://culturgal.com/

Entrada 2€ por día. 3€ los tres días. 
Menores 12 años 1€ por día, 2€ los tres días
Menores de 3 años gratis

Viernes 01dic

10h Espazo Foro
Portugal na Culturgal
Xornadas Profesionais Escena Galega: «Galicia e Norte de Portugal, como activar
e estabilizar a circulación escénica transfronteiriza?».

11h Varios Espazos
Visitas teatralizadas.
Actividade concertada con centros escolares.

11h Espazo infantil Deleite
«Os cabaliños de mar: Unha familia moi singular». Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC.

12h Espazo Libro
Acto inaugural Culturgal 10º Aniversario.

12h Espazo Libro
Programas pedagóxicos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAIFilmoteca
de Galicia). Agadic. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, Mónica García Iglesias, responsable de Didáctica do CGAI, demostracións e testemuños de centros educativos participantes a cargo do CEIP A Rúa (Cangas do Morrazo) e CEIP Tenorio (Cotobade).
De 9 a 14 anos.

16h Aulas
Mesas de traballo (previo convite) Escena Galega. Escena Galega convida a axentes culturais (compañías, programadores/as, institucións, festivais) de Galicia e Norte de Portugal para traballar conxuntamente sobre a circulación escénica transfronteiriza.

16h30 Aulas
Xornada formativa: Preparación das festas conforme á nova lei de Espectáculos. Asociación
Galega de Empresas Musicais (AGEM).

17h Salón de Actos
«Vías de financiamento europeo para proxectos culturais». Ministerio de Cultura e Concello de Pontevedra. Con Augusto Paramio, coordinador dos programas Europa creativaCultura e Europa cos cidadáns.

17h Aulas
Asemblea Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).

18h Espazo Foro
Conversa aberta do Curso de Experto en Xestión Cultural da USC: «Novos modelos empresariais e profesionais na cultura». Con Clara Rodríguez (7H Coop), Emi Candal (Urdime) e Javier López (Ainé Producións). Modera: Serxio Lago (BenCuriosa).

18h Espazo Libro
Café-Presentación Centro de Emprendemento Gaiás. Fundación Cidade da Cultura. Con Ana Isabel Vazquez, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Berta Álvarez-Buylla Falces, CEM e Mª Isabel Pernas, Paripepop, e Tamara Rodriguez Silva, Soundslikemarket, empresas do CEM.

18h Espazo infantil Deleite
A galiña azul.
Secretaría Xeral de Política Lingüística. Galaxia. Programa FalaRedes 2017.
Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro.

18h30 Espazo Libro
Metodoloxía para medir a repercusión dos eventos culturais. Presentación do estudo realizado por Fran Núñez, que será editado proximamente pola Agadic, sobre a incidencia económica e social dos festivais nas súas áreas de influencia a partir da análise do caso concreto do Festival de Cans. Presentan: Jacobo Sutil, director da Agadic, Fuco Sangiao, profesor da USC, e Fran Núñez, autor da investigación.

18h30 Espazo Carpa
Matrioskas. Charlatana S. Coop. Galega.
Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Coa contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira.

19h Espazo Foro
Presentación Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural.
Con Serxio Lago, coordinador do proxecto, e Alberto García, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).

19h Espazo Libro
Presentación da S. Coop. Galega Miraxe.
Dez profesionais da produción cultural con ampla experiencia inician esta aventura comunitaria
chamada Miraxe, con especial interese na formación dos profesionais do sector.

19h Espazo Arte Contemporánea
Café - Presentación de Escenas do Cambio 2018. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en acción. Fundaciòn Cidade da Cultura.
Con María Pereira Otero, directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, Pablo Fidalgo, director artístico Escenas do Cambio e Marta Pazos, directora Voadora.

19h Gente Viajera de Galicia.
Emisión en directo do programa de Onda Cero Galicia desde o
recinto feiral.

19h30 Espazo Libro
Mesa redonda «Teatro nas escolas». Edicións Fervenza. Con Raquel Castro, Carlos Labraña,
Xosé Lois García e José Luis Graña.

19h30 Espazo Carpa
Presentación do disco «Son da memoria», de Seso Durán. Inquedanzas Sonoras. Con Seso Durán,
voz e guitarras, José Fuzzno, guitarras, Víctor
Castro, baixo, Antonio Monano, teclados e Franc
Gorriz, batería.

19h30 Espazo Infantil Deleite
O branco non pinta! Apiario. Con Antía Otero, autora, que contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo.

19h45 Espazo Foro
Presentación «Coordinación de Riscos en Espectáculos Públicos».
Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) en colaboración co
ISSGA.

19h45 Espazo Arte Contemporánea
Presentación de Casa Morada Servizos Culturais.
Con Neves Seara e Andrea Barreira, directoras, Visi López del Riego, avogada, José
Bouzada, asesor fiscal especialista en industrias creativas.

20h15 Espazo Arte Contemporánea
Mesa redonda ao redor da ética xornalística. Asociación de Fotografía de
Galicia (FOG).
Coa participación de Margarita Ledo Andión, Universidade de Santiago de Compostela, e Miguel Ángel Rodríguez, director do Diario de Pontevedra, entre outros.

20h30 Espazo Libro
Conversa con Xabier P. Docampo sobre «A nena do abrigo de astracán». Xerais.

20h30 Espazo Carpa
Atrás Tigre.
Con Olalla Cociña, voz e teclado, Xiana Arias, voz e baixo, Pedro Solla, voz e
guitarra, e Antón Blanco, batería. Triunvirato Axencia Musical.

Sábado 2 decembro

09h30 Hall do Pazo da Cultura
Somos Quen. Emisión en directo do programa da Radio Galega conducido por Mª Xosé Rodríguez.

11h Espazo Infantil Deleite
Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do
Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC e DivulgACCIÓN.

11h Aulas
Asemblea AGAL.

11h30 Espazo Libro
Presentación do XXXVII Caderno Ramón Piñeiro. Carlos Casares: Homenaxe. De
Amicitia.
Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades edita, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2017 impulsada pola Xunta de Galicia, un volume que recolle medio cento de achegas doutros tantos autores que se suman ao tributo do 17 de maio e que constitúe un magnifico colofón a un ano inzado de estudos, traballos e reflexións sobre o xornalista, político, narrador e intelectual ourensán.
Interveñen: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Christian Casares Berg, representante da Fundación Carlos Casares, Xosé Luís Cochón Touriño e Luís Alonso Girgado, coordinadores do volume.

11h30 Espazo Carpa
Portugal na Culturgal
O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram... Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo. Co grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento.

11h30 Espazo Arte Contemporánea
Portugal na Culturgal
Conversa con Nuno Faria, director do Centro Internacional de Arte José de Guimarães.

11h30 Itinerante
A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos.
Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli.
Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira.

11h45 Espazo Foro
Papagaio, un xornal para xente miúda.
Con Abraham Carreiro.

12h Espazo Cine
O rastro que deixamos.
Proxección e coloquio.
Con Goretti Sanmartín (Vicepresidenta Deputación da Coruña), Mª Dolores Candedo Gunturiz e Xosé Lastra Muruais, presidenta e vicepresidente de Nova Escola Galega.

12h Espazo Arte Contemporánea
Derrubando muros con pintura.
Concello de Carballo.
Presentación do libro con Xosé Regueira, concelleiro e Maite Parga, técnica.

12h Espazo Libro
Presentación Salón do Libro Infantil e Xuvenil. 
Concello de Pontevedra. 
Unha cita de referencia con nova edición en abril de 2018, co lema «Mulleres de conto» e con México como país convidado.

12h15 Espazo Foro
Memoria dixital de Galicia. 
Secretaría Xeral de Cultura e Amtega. 
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, presentan este novo proxecto para a xestión e a conservación
do patrimonio bibliográfico, arquivístico e museístico galego baseado nas tecnoloxías.

12h30 Espazo Libro
Presentación das novas obras ilustradas dos libros de María Victoria Moreno. «A bretema» e «O amor e as palabras». 
Urco Editora. 
Con María Montes, ilustradora, David Cortizo, editor, e Xavier Senín, asesor editorial.

12h30 Espazo Carpa
O Carballiño vive. 
Con Eladino Cabanelas, Roberto Sobrado (cantautor), 4Mal Quartet Jazz. OZOCOgz.

12h30 Espazo Arte Contemporánea
Obradoiro de arquitectura. 
Constrúe co sistema Lupo unha maqueta en gran tamaño da fachada do CGAC. 
Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa.

13h Espazo Foro
Youtubeir@s á conversa. Premios Youtubeir@s.

13h Espazo Libro
Presentación de Uxía-O. 
Uxía canta a Uxío, un proxecto da Fundación Uxío Novoneyra apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais pola Deputación de Lugo.
Interveñen: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Uxío Novoneyra, secretario da Fundación Uxío Novoneyra, Pilar García Porto, deputada de Cultura de Lugo, Uxía, cantora, e Niko Alvarellos, editor.

13h30 Espazo Foro
Presentación Ano da Língua. 
Deputación de Pontevedra.

13h30 Espazo Carpa
Presentación do disco «A viaxe de Yoyo».
DOUS. Con Fernando Abreu, clarinete, e Pablo Carrera, cordas.

13h30 Espazo Infantil Deleite
Concerto PunkInfantil. 
Con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. 
Charlatana S. Coop. Galega.

13h45 Espazo Libro
Portugal na Culturgal
Lectura co escritor João Tordo.

16h30 Espazo Foro
Presentación Vive Rosalía! 
Punto e Coma Allariz. 
Con César Lorenzo Gil e Miguel Robledo.

16h30 Espazo Libro
Portugal na Culturgal
Conversas Nortear. 
Secretaría Xeral de Cultura e Direção Regional de Cultura do Norte e AECT. 
Con Portugal como protagonista na décima edición de Culturgal, as Conversas Nortear propoñen
un diálogo entre as literaturas galega e lusa con dous recoñecidos escritores das dúas beiras do
Miño, Miguel Sande e Virginia do Carmo.

16h30 Espazo Carpa
María Fumaça. Presentación 5ºAniversario.
Galaxia. Sonárbore.

16h30 Espazo Cine
MIA. 
Con Michael Cassidy, director, e Elba Pedrosa e Antón Cancelas, actores. 
Curtametraxe.

17h Espazo Foro
Rosalía Total, produto & cultura. 
Con Galiestampa e byKoala. 
Participan: Francisco Barberá director-xerente de byKoala, Irene Silva, creadora desta liña de souvenirs, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

17h Espazo Infantil Deleite
Contacontos ilustrado Serie GLIZ. Con Anxo Fariña. 
Xerais.

17h Salón de Actos
Sicixia. 
Proxección e coloquio con Ignacio Vilar, director. 
Cinemas de Galicia.

17h Espazo Arte Contemporánea
Presentación de proxectos da Asociación de Fotografía Galega (FOG). 

17h15 Espazo Carpa
Portugal na Culturgal
Grupo de Fados ISE.IPP. 
Desde Porto, dous cantores acompañados de guitarras clásica e portuguesa.

17h30 Espazo Foro
Invisibles. De homes e mulleres. De maltratadores e torturadas. 
Concello de Pontevedra. 
Con Montse Fajardo, autora, e Carmen Fouces, concelleira de Cultura

17h30 Espazo Libro
Um elefante no armário. 
Presentación con Teresa Moure, autora, e Armando Requeixo, crítico. 
Através Editora.

18h Espazo Foro
«Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas». 
Secretaria Xeral de Cultura.
A chegada a Galicia desta xoia da literatura medieval galego-portuguesa e a súa exposición
por primeira vez na historia, no Museo do Mar, constitúen todo un fito cultural. Para afondar no valor das sete cantigas de amigo de Martín Códax, os profesores Pilar Lorenzo e Carlos Villanueva explican a singularidade do Pergamiño Vindel na súas dimensións literaria e musical.

18h Espazo Libro
Luzes. 
Presentación número da revista con Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.

18h Espazo Infantil Deleite
Portugal na Culturgal
Bzzzoira Moira. 
Teatro e Marionetas de Mandrágora. 
A partir de 6 anos.

18h Espazo Arte Contemporánea
Borrar las huellas de la memoria. 
LaDoce.
Performance con Endika Basaguren.

18h30 Espazo Foro
Apresentação dos cursos aPorto. 
Coa coordenadora, Graciela Lois, e aula zero com uma das docentes, Inês Oliveira. 
AGAL.

18h30 Espazo Libro
Conversa con Ledicia Costas ao redor de «A señorita Bubble.» 
Xerais. 
Coa xornalista Teresa Cuíñas

18h30 Espazo Carpa
Robertoliveira 
Artista Percusión.

19h Espazo Foro
Presentación nova web da revista Luzes.gal. 
Con Valeria Pereiras, responsable de contidos, e Antón Losada, membro do consello de redacción.

19h Espazo Libro
Poesía galega ao abeiro de Tambo.
Kalandraka Editora. 
Cos poetas Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Lucía Novas, Isaac Xubín e or parte da editora, Paz Castro.

19h Espazo Infantil Deleite
O raposo Rufo. 
Contacontos con Dani Viéitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora. 
Edicións Embora.

19h Espazo Cine
Mimosas. 
Proxección. 
Cinemas de Galicia.

19h Aulas
Portugal na Culturgal
Encontro entre representante de Correntes d’Escritas em conversa com Asociación Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
Direçao Regional de Cultura do Norte.

19h30 Espazo Foro
Herdeiras. 
Presentación do libro-CD.
Inquedanzas Sonoras.

19h30 Espazo Libro
Conversa entre María Solar, autora de Os nenos da varíola, e Luísa Martínez e Marta López, do
CSIC Galicia. 
Galaxia. 

19h30 Espazo Carpa 
Coro Encaixe en directo. 
Fds Producións.

19h45 Espazo Infantil Deleite
Gombó. 
Edicións Fervenza. 
Dramatización do conto «Gombó e o medo á escuridade». 
Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico.

20h Espazo Foro
Presentación da Semana do Libro de Compostela (Selic). 
Concellería de Acción Cultural do concello de Santiago de Compostela.

20h Espazo Libro
Conversa con Santiago Lopo, autor de «A arte de trobar» (Premio Xerais de Novela) e
Manuel Lourenzo González, autor de «Ceiba de Luz» (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil). 
Coa xornalista Teresa Cuíñas. 
Xerais.

20h30 Espazo Foro
Presentación dos tres primeiros títulos de Aira Editorial. 
Participan César Lorenzo Gil, Samuel Solleiro, Estíbaliz Espinosa, Jorge Campos e Xosé Miranda.

20h30 Espazo Libro
Conversa con Pedro Feijo ao redor de «Os fillos do lume». Xerais. 
Coa xornalista Teresa Cuíñas.

20h30 Espazo Carpa
Banda Crebinsky. 
Presentación do disco «Zircus Affe». 
Con Pablo Perez, contrabaixo, Sergio Zearreta, voz, Pablo Carrera, guitarra e voz, Xacobe Lamas, violín, e Enrique Otero, teclados e voz.

20h30 Espazo Infantil Deleite
Globotolo. 
Barafunda Animación. 
Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos.

21h Auditorio do Pazo da Cultura
Andrea Pousa presenta o disco «Respirar».
Nalgures Producións. 
Espectáculo de pago. Entradas en ataquilla.com 

Domingo 3 decembro

11h Espazo Foro
Conversa con Manuel Núñez Singala ao redor do libro «Sacar a lingua é de mala educación». 
Galaxia.

11h Espazo Cine
Porta para o exterior. 
Proxección e coloquio.
Asisten: José Ramom Pichel e Sabela Fernández, (realización) e Rafa Janeiro (edición e montaxe).

11h15 Espazo Carpa
Elefante Elegante. 
Concerto Lisboa.
Presentación disco «Àr». 
Con Gonçalo Guerreiro, guitarra e voz, Antonio Romero, contrabaixo, Rosalía Vázquez, violonchelo, Richi Casás, saxos e trompeta, e Iago Blanco, batería e percusión. 

11h15 Espazo Infantil Deleite
A viaxe da palabra que non era valente.
Con Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra. 
10d10.

11h30 Espazo Foro
Pontenciencia. 
Concello de Pontevedra. 
Con Carme Fouces Díaz, concelleira de Cultura, Educación e Igualdade, Vanesa Estévez Baquero, pedagoga municipal e dirección do proxecto, Saleta González Pimentel, coordinadora de asistencia científica, xestión, dinamización e participación, e Purificación Marcet Miramontes, presidenta do Comité científico de Pontenciencia.

11h30 Espazo Libro
Conversa con Eli Ríos ao redor de «Luns» (Premio Torrente Ballester 2016) e «Culpable» (Premio López Abente 2017). 
Xerais.

11h30 Espazo Arte Contemporánea
Obradoiro de arquitectura. 
Constrúe co sistema Lupo unha maqueta en gran tamaño da fachada do CGAC. 
Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa.

12h Auditorio do Pazo da Cultura
Eu cociño, ti cociñas? Mamá Cabra en concerto. 
Galaxia. 
Sonárbore.
Espectáculo de pago.

12h Espazo Foro
Presentación da «Rede Scórpio» e entrega dos premios do concurso de narrativa breve.
Através Editora-AGAL. 
Con Xosé Antom Serém, da Através Editora e Óscar Senra, de MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega.

12h Espazo Libro
Fernando Osorio do Campo. 
Unha vida sen treguas (Premio Carvalho Calero 2016, concello de Ferrol). Con Carlos-Caetano
Biscainho-Fernandes, autor. Edicións Embora. 

12hEspazo Carpa
A violencia dun sorriso. 
Implicadas no Desenvolvemento en colaboración co grupo A Panadaría. Recital-performance creado por A Panadaría, baseado nos poemas da autora támil Thamizhachi Thangapandian. 

12h Espazo Infantil Deleite
O cinematomago. 
Con «O mago Paco».

12h30 Espazo Foro
Nova Escola Galega e a Revista Galega de Educación. 
Con Mª Dolores Candedo, presidenta, Xesús Rodríguez, director da RGE, Silvia López Gómez (coordinadora de «Aprendendo con videoxogos») e Santiago Fernández Lanza, profesor na Universidade Internacional da Rioxa e colaborador.

12h30 Espazo Libro
Presentación da plaquette «O gran rexeitamento». Flores para Albert Ayler de Daniel Salgado en formato musical con Alexandre Losada & Luís Garrido. 
Apiario.

12h30 Espazo Cine
Paraíso roubado. 
Proxección e coloquio.
Asisten: Lukas Santiago, director do documentario e Antón Masa, produtor executivo.

12h45 Espazo Carpa
Ranchos de reis. 
Concello de Ponteareas.

12h45 Espazo Infantil Deleite
Presentación Nadal no Gaiás e Pequefilmes. 
Fundación Cidade da Cultura.
Presentación e obradoiro arredor desta programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. Con Ana Isabel Vazquez, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, e Pablo Reboleiro, Pistacatro.

13h Espazo Foro
Corpo de Antiochia. 
Intervención poética con Tamara Andrés, autora. 
Galaxia.

13h Espazo Libro
Conversa de Iria Collazo con Berta Dávila, autora de «A pel do mundo». 
Galaxia.

13h30 Espazo Carpa
Portugal na Culturgal
Espectáculo do Pauliteiros de Miranda.

13h30 Espazo Foro
Presentación catálogo 2018. 
Escena Galega.
Asisten: Mercedes Castro, María Torres e Carla Capeáns, membros da directiva de Escena Galega.

13h30 Espazo Libro
«Anécdotas e curiosidades da interpretación no eido cultural».
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).

13h30 Espazo Arte Contemporánea
Presentación «Gran Libro dos Señores Importantes».
Casa das Peritas.
Con Natasha Lelenco, Mónica Góñez e Tomás Lijó.

15h Espazo Foro
Efervesciencia: «Doses de ciencia sen contraindicacións».
Emisión en directo do programa da Radio Galega.

16h30 Espazo Foro
Portugal na Culturgal
Presentación da 4ª Semana de convergências Portugal-Galiza.
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A cidade portuguesa de Braga acollerá -arredor do 24 de febreiro de 2017, Día de Rosalía de Castro- a cuarta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da  Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D’Aqui, a Câmara Municipal de Braga e a Junta de Frêguesia de San Vicente co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra.
Interveñen: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Pedro Dono López,
director do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro, Uxía, coordinadora da iniciativa, e Jaime Torres,
Carlos Moutinho e Filipe Cunha, integrantes de Canto D’Aqui.

16h30 Espazo Libro
Conversa entre Francisco X. Fernández Naval, autor de «Alma e o mar», e Arantza Portabales, autora de «Deixe a súa mensaxe despois do sinal».
Galaxia. 

16h30 Espazo Carpa
Pitusa Semifusa e os Estilos Musicais.
Galaxia. 
Sonárbore. 
Presentación de disco. 
Olga Brañas (piano), Andrea Picos (voz e animación), Marta Bravo (voz), Brais Morán (voz,  guitarra), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo) e Carliños Freire (batería) explicarán os diferentes estilos musicais, cun espectáculo divertido e participativo.

16h30 Espazo Cine
Sitio distinto. 
Estrea en Galicia. 
Proxección e coloquio. 
Con Davide Cabaleiro, produtor executivo e director, e Isaac Xubín, poeta.

17h Espazo Libro
Mulleres bravas. 
Urco Editora. 
Maruja Mallo e Xulia Minguillón. 
Con Elvira Ribeiro, autora, Eva Agra, ilustradora, Andrea Jamardo Seijo, editora, e María Lado, presentadora.

17h Espazo Infantil Deleite
Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro.

17h Espazo Arte Contemporánea
Scriptorium. 
Secretaría Xeral de Cultura.
Obradoiro creativo sobre a copia de manuscritos na Idade Media.

17h15 Espazo Foro
«Atréveste a vivir a experiencia?». 
A Mesa pola Normalización Lingüística. 
Con Marcos Maceira, presidente da Mesa, Carlos Álvarez, de Desoños, e David Rodríguez, guionista.

17h30 Espazo Libro
Biodiversidade: cara unha sexta extinción masiva. 
Presentación da edición en galego. 
Catro Ventos Editora. 
Con Isidro Dozo, editor, e Xosé Veiras.

17h30 Espazo Carpa
Argonat Band. 
Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrico e batería facendo versións dos clásicos. 
Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande.

17h45 Espazo Foro
Entrega Premio do Público Culturgal 2017. 

18h Espazo Libro
Conversa con Ramón Caride, sobre «O camiño da Estadea». 
Co xornalista César Lorenzo Gil. 
Xerais.

18h Espazo Infantil Deleite
Papi e mami. 
Fantasía coas palabras.
Presentación de libro-disco. 
Galaxia. Sonárbore.

18h Espazo Cine
María (e os demais). 
Cinemas de Galicia.
Proxección.

18h Espazo Arte Contemporánea
Caleidoscópica, caderno de fotografía.
Estrea nº 3: Originalidade e reciclagem.
Con Charo Lópes, Pilar Abades, Miguel Auria, Xiana Quintas e Sabela Iglesias 

18h15 Espazo Foro
«Interrogamos aos videoxogos en familia». 
Nova Escola Galega. 
Actividade dirixida e dinamizada pola pedagoga Silvia López Gómez. 

18h30 Espazo Libro
Presentación do libro «Catro ventos». 
Cos editores Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez e o fotógrafo Javier Fernández Pérez de
Lis. 
Fabulatorio.

18h30 Espazo Carpa
Bailando as rúas. 
Presentación do disco de «A banda da Loba». 
Seispés Producións Creativas. 
Con Xiana Lastra, cantante, Estela Rodríguez, violín, Marcela Porto, percusión, Inés Mirás, guitarra, baixo e piano, e Andrea Porto, baixo e guitarra.

18h45 Espazo Foro
«Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo». 
Con Xurxo Mariño. 
Xerais.

18h45 Espazo Arte Contemporánea
Latamuda.gal. 
Presentación da plataforma en galego especializada en arte contemporánea.
Con Francisco Porto, director. 

19h Espazo Libro
Conversa con Marcos Calveiro, autor de «O xardineiro dos ingleses» (Premio García Barros), Francisco Javier Fernández Dávila, autor de «A senda de sal» (Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia). 
Co xornalista César Lorenzo Gil. 
Galaxia.

19h Espazo Infantil Deleite
Radio BULEBULE. 
Presentación de libro disco co músico Paco Nogueiras e as intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. 
Kalandraka Editora.

19h15 Espazo Foro
O Garaxe Hermético. 
Presentación da Escola de Banda Deseñada e do traballo feito por alumnas/os: «O picoto do pai».
Con Kiko da Silva, Fernando Llor e alumnado.

19h30 Espazo Carpa
Alann Bique. 
Musicarte. 
Con Patricia Túñez Gómez, violín, Martín Sampedro Rañó, percusión e frautas, Juan Manuel Varela Louro, baixo, e Carolina Borja Conde, gaita, guitarra. 

19h30 Espazo Arte Contemporánea
Presentación de proxectos da Asociación de Fotografía Galega (FOG).

20h Teatro Principal de Pontevedra
Portugal na Culturgal
(i)migrantes. 
Centro Dramático de Viana do Castelo.

Ademais, na Feira 

Espazo Arte Contemporánea
Arte inclusiva. 
Exposición do Proxecto Hefesto. 
Concellería de Benestar Social de Pontevedra. 
Asociacións que participaron no Hefesto 2017 foron: Amencer, Asociación Amizade e COGAMI, XOGA, Asociación Juan XXIII e Xuntos Asociación Síndrome de Down. 

Culturgal 2017 conta cunha Bebeteca deseñada para as diferentes etapas dos dous
primeiros anos de vida, na que tamén serán benvidas aquelas persoas noviñas até 4 anos.
Un espazo pensado para que as familias teñan un recuncho de descanso e xogo na Feira.

Espectáculos especiais

Sábado 21h Auditorio do Pazo da Cultura
Andrea Pousa presenta o disco «Respirar».
Nalgures Producións.
10€ + Gastos de xestión. Entradas en ataquilla.com

Defínese como unha artista atlántica e con «Respirar» pon enriba do escenario os seus anos de experiencia e formación. Para Andrea Pousa respirar, un acto fisiolóxico indispensable, ten máis
sentido aínda neste seu primeiro album en solitario. 
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que
sabe sacar a esencia de Andrea Pousa: creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. •

Domingo 12h Auditorio do Pazo da Cultura
Mamá Cabra en concerto presentará o seu último traballo. Eu cociño, ti cociñas? 
Galaxia. Sonárbore.
 6€ + Gastos de xestión. Entradas en ataquilla.com

Cun formato músico-teatral con Gloria Mosquera á guitarra e voz, Tomi López na guitarra acústica,
Pachi Cruz no contrabaixo e Max Gómez nas percusións, Luchi Iglesias será o actor da peza.
Mais nesta presentación estarán acompañados dos e das verdadeiras protagonistas deste proxecto: o
alumnado do CEIP de Sigüeiro, no que desenvolven unha proposta metodolóxica innovadora onde a
cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para desenvolver día a día as clases. 

01dic, 02dic, 03dic
diciembre 2017 

Publicar un comentario

[facebook]

MKRdezign

{facebook#https://www.facebook.com/alcaine} {twitter#https://twitter.com/guiadearousa} {google-plus#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {pinterest#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {youtube#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL} {instagram#YOUR_SOCIAL_PROFILE_URL}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget