--> 💬 #EnNegroContraAsViolencias | 25nov

sábado, actos en Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, Caldas, Rianxo, A Pobra, Boiro, Pontecesures.  

En negro contra as violencias #GaliciaEnNegro 


Se propoñe vestir de negro espazos públicos, privados, redes sociais, empresas, bar, posto de mercado.. En Arousa participan Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, Caldas, Rianxo, A Pobra, Pontecesures.

Fai difusión da túa acción subindo as fotos as redes sociais cos hastag
#ContraAsViolencias 
#EnNegroContraAsViolencias

Historia

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización En negro contra as violencias. Este ano 2017 xa somos máis de setenta os concellos que queremos situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.

Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos tan diversos, e de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.

25N
25nov
25 noviembre 2017

 
Top