--> 🎨 Expo Navegando na Memoria | 22-26nov

Miércoles a domingo en Praza do Corgo, O Grove. Entrada libre. 

Expo Navegando na Memoria. XX anos dos encontros das embarcacións tracidionais no Grove 1997-2017 

Este ano 2017 cúmprense 20 anos dos III Encontros de Embarcacións Tradicionais, organizados polos Amigos da Dorna Meca en xulho de 1997.

Non podíamos deixar pasar esta ocasión para lembrar o trabalho realizado polos membros da asociación, pola xenta da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, e por todas as persoas, colectivos e institucións que dun ou doutro xeito axudaron a que aquela festa saíse tan ben!
Por iso nestes 20 anos organizamos unha exposición que serve non só como aniversario do evento, mais tamén como homenaxe a todas as persoas que o levaron a cabo, e como lembranza do impacto que tiveron os III Encontros tanto na nosa vila como na continuación da promoción e divulgación do noso patrimonio marinheiro.

Na exposición poderedes ver, ademais de barcos, fotos, textos, noticias, e vídeos dos Encontros d’Ogrove. Inaugúrase este mércores 22 de novembro, ás 20h na Carpa Institucional da Praza do Corgo, e contaremos coa presenza de varios dos organizadores, que lembrarán como se organizou aquel evento.

22nov, 23nov, 24nov, 25nov, 26nov
noviembre 2017 
 
Top