--> 👪 Feo | 28dic

19h jueves, teatro infantil en Auditorio Rianxo. Entrada +5€

"Feo" de Caramuxo

"Feo" é un espectáculo infantil dunha das mellores compañías de teatro infantil da Galiza, Caramuxo, esta montaxe valeulles o premio María Casares no 2016. A compañía caracterízase por ter un gusto exquisito á hora de compoñer os seus textos e de escoller os acompañamentos sonoros. A experiencia da compañía fai que a experiencia sexa un goce visual e poético para toda a familia.

"Feo" está baseado na obra orixinal de Hans Christian Andersen e trasladaa a unha factoría de producción de parrulos de goma onde todos son perfectos, exactos, idénticos. Máis un día, un dos parrulos saíu distinto…

Unha comedia para toda a familia que é ao tempo un canto á diversidade e á esencia dun/dunha mesma.

Público: infantil, Duración: 40 m.
Venda de entradas: anticipada en Ticketea. com e no Tlf: 902044226, e o día
da actuación no Auditorio a partir das 16:00 hs.
Prezos: 5€ (+ gastos de xestión)

28dic
diciembre 2017


FEO promo from Caramuxo Teatro on Vimeo.
 
Top