--> 💡 Obradoiro de xoguetes creativos con material de refugallo | 19-28dic

en Ribadumia 

Obradoiro de xoguetes creativos con material de refugallo dentro do programa de Tecendo Lazos

Xa deu comezo o prazo de inscrición para o obradoiro de xoguetes creativos con material de refugallo o cal se inclúe dentro do programa “Tecendo lazos” da Deputación de Pontevedra. Os interesados poden anotarse dende o luns 6 de novembro ata o 7 de decembro no Concello.

 O programa “Tecendo lazos” consta dunha serie de actividades interxeracionais a través das cales preténdese poñer en contacto a persoas de distintas xeracións para favorecer as relacións individuais, familiares e sociais entre todos os participantes. Ademais, poderase demostrar que cando termina a vida útil dun produto, aínda se pode utilizar para darlle vida a outro. Poderán asistir nenos e nenas menores de 13 anos, os cales deben vir acompañados dun adulto e os rapaces e rapazas de entre 13 e 18 deben acompañar a autorización firmada polo pai, nai ou titor legal.

Os días escollidos para a realización do obradoiro serán os 19, 21, 26, 28 de decembro e o 2 e 4 de xaneiro en horario de 16.30 a 19.00 horas. Trátanse dunhas datas nas que a maioría dos rapaces e rapazas están de vacacións por nadal e contan con máis tempo para dedicarllo a estas actividades.

Convidamos a todos os veciños a que se interesen por estas iniciativas que se poden vivir en familia e que aproveiten para inscribirse no Concello posto que existe un máximo de 30 participantes.

19dic, 21dic, 26dic, 28dic
dieciembre 2017

02ene, 04ene
enero 2 018
 
Top