--> 💬 Pleno de Vilagarcía | 30nov

17h jueves en Concello Vilagarcía. Entrada libre

Pleno de Vilagarcía

Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 30 de novembro de 2017 ás 17:00 horas.

ORDE DO DÍA


  • 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 26 de outubro de 2017.
  • 2.- Toma de coñecemento dos decretos da alcaldía emitidos no mes de outubro de 2017.
  • 3.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 4.- Toma de coñecemento das solicitudes de subvención aprobadas pola Xunta de Goberno Local e presentadas na deputación provincial (Plan de Obras e Servizos 2017-Liña 1 Investimento).
  • 5.- Aprobación, se procede, do expte. Nº05/CE/2017 de crédito extraordinario con cargo á superávit 2 016 con destino a IFS-"Renovación urbana do entorno de Matosinhos".
  • 6.- Aprobación, se procede, do expte. Nº01/SC/2017 dotación de crédito para aplicación do incremento salarial do 1% previsto na LPXE 2017.
  • 7.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político de Somos Maioría para a defensa animal e loita contra a contaminación acústica en Vilagarcía de Arousa. 
  • 8.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, sobre obras urxentes de accesibilidade. 
  • 9. - Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, de apoio ao Concello de Madrid, ante a intervención financeira do Ministerio de Facenda e de solicitude modificación da regulación da regra de custe. 
  • 10.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, de apoio institucional do Concello de Vilagarcía para a candidatura de Cíes-Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
  • 11.- Aprobación, de procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobre diversas demandas veciñais en Castroagudín. 
  • 12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, de nomeamento de D. Santiago Iglesias Pedrido como "Fillo adoptivo de Vilagarcía de Arousa".
  • 13.- Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría para a transferencia dende xaneiro de 2 018 aos Concellos dos 20 millóns acordados no pacto de estado contra a Violencia de Xénero. 
  • 14.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, relativa ao mantemento do/a profesional facultativo/a (medico/a) no centro de saúde de Vilaxoán. 
  • 15.- Interpelacións ou control das decisión do grupo de goberno.
  • 16. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 17.- Rogos e preguntas.
  • 18.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión. 


Vilagarcía de Arousa, 27 de novembro de 2017

30nov
noviembre 2017 
 
Top