Presentación Libro “Manuel López López, O gaiteiro de Poso. Virtuoso, impredecible, único” de Carlos Rey
Mañán xoves, 23 de novembro, terá lugar na cafetería LA MARINA sita na Alameda de Vilagarcía, a presentación do libro-disco titulado “Manuel López López, O gaiteiro de Poso. Virtuoso, impredecible, único”.
Trátase da biografía do mellor gaiteiro dos Ancares galegos, finado no ano 2001. Editado por aCentral Folque dentro da súa colección Chave Mestra.
Poso, o sobrenome de Manuel, encarna a música de gaita das Terras de Cervantes e Navia de Suarna. Na memoria de tantos e tantos veciños da zona, lembran a Poso como o mellor, “como Poso non había”, repiten unha e outra vez por tódolos lugares por donde os autores do traballo preguntaban.
Na presentación, falarán, o editor, Ramón Piñeiro, e os autores do libro: o folclorista vilagarcíán, Carlos Rey, o bailarín Sergio Cobos e o gaiteiro Iván Costa, que tamén interpretarán algúns dos temas do gaiteiro ancarés que aparecen reflexados no CD que acompaña así como das partituras que aparecen impresas no mesmo.
Lugar: Cafetería La Marina na Alameda de Vilagarcía
Presentan: Ramón Piñeiro, Carlos Rey, Sergio Cobos e Iván Costa.

23nov