--> 💬 Present Saturno tamén é deus, Uxía Casal | 29nov

20h30 miércoles en Riveira. Entrada libre

Presentación de "Saturno tamén é deus" de Uxía Casal  

O mércores 29 de novembro, ás 20:30h, Uxía Casal presenta a nova edición de SATURNO TAMÉN É DEUS no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira.

A escritora estará acompañada pola fotógrafa Paula Gómez del Valle e por David Cortizo, editor de Urco.

------------------------------------------------------------------------------------------
Nos catorce relatos que compoñen Saturno tamén é deus o descoñecido, a angustia, o medo e mesmo a morte aparecen como un elemento común, que asume unha condición protagónica e activa, con tal poder que son quen de converter os seres humanos en meros instrumentos dun xogo no que camiñan ás cegas polo fío que separa a loucura da cordura.
Catorce relatos de medo nos que a ben dosificada intriga ofrece unha conclusión sorprendente e inesperada que manterá a quen os lea coa sensación de non poder desprenderse deles.
Esta nova edición, que ve a luz 20 anos despois da primeira, inclúe, a maiores dunha coidadosa revisión da propia autora, un novo relato: «O pequeno Mario». 

Ateneo Valle-Inclán, de Riveira do Caramiñal.
Plaza de Compostela, 11 1º


29nov
noviembre 2017 
 
Top