--> 👪 Radio BuleBule de Paco Nogueiras | 30dic

18h30 sábado en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre. 

Presentación do libro CD-DVD “Radio BuleBule” de Paco Nogueiras 

"Abre as orellas, palabras a voar saíndo pola antena, aterrando polo chan. O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá. Chega a radio falangueira que te vai facer pensar…" “Radio BULEBULE” é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

de Kalandraka Editora, S.L. 

30dic
diciembre 2017
 
Top