en Vilagarcia. Entrada libre 

Faladoiros en Pleno 

Por unha Marea na Vila comezará este venres unha ruta que levará ata as parroquias para
debater sobre os plenos municipais: “Faladoiros en Pleno”.

Daremos comezo a unha serie de debates, de frecuencia mensual, que terán aos plenos municipais como eixe, e cuxo obxectivo é achegar os plenos á xente, polo que estes debates trasladaranse ás
parroquias en próximas datas.

Venres 22dic'17

💬 20h Primeira edición, coa participación dos concelleiros Gaspar Antonio González Somoza e Jesús López Rodríguez en Café Bar Avenida
para anticiparnos ás claves do próximo pleno e iniciar un debate sobre o mesmo. Achegar o pleno á rúa parécenos a mellor maneira de manifestar o que a veces non parece tan evidentes, que a xente somos o pleno.

Fai varios anos que as palabras transparencia e participación son recorrentes na política.
Precisamente, a transparencia é unha ferramenta clave para o empoderamento cidadán, e o
primeiro paso para acadar unha Vila participativa. Dende o 2015 son moitos os concellos que
avanzaron nese senso, a través de aplicacións informáticas (webs de transparencia,
orzamentos participativos, etc.), ou coa creación de espazos de participación presenciais. Isto é
algo que botamos en falta na nosa Vila, polo que, dende Por unha Marea na Vila, queremos
levar a cabo distintas experiencias de participación.

 
Top