--> 🎬 Cinemateca Curtas: A Porta | 18ene

21h viernes en Liceo Casino, Castelao 5, Vilagarcía. Entrada libre

A PORTA (Die Tür, 2009) é un sorprendente filme alemán dirixido por Anno Saul que adapta a novela de Akif Pirinçci. Mads Mikkelsen interpreta a un famoso pintor que perde o control da súa vida logo da morte da sua xoven filla. Terá a oportunidade de comezar de novo ao atopar unha misteriosa porta. Gañadora do gran premio á mellor película no festival de Gerardmer (Francia) e do Melies de Prata en Bruselas (Bélxica).

Xaneiro: mes de portas abertas 

Logo dos excesos das festas de Nadal, Xaneiro adoita ser un mes complicado. Por iso comezamos o ano derrubando muros e abrindo as portas da nosa Cinemateca para ofrecer tres espectaculares sesións, que farán as delicias dos amantes da música e o cinema. Para que probes as vantaxes de ser socio da Asociación Cultural Curtas, e coñezas de primeira man o que te estiveches a perder todo este tempo.

18ene
enero 2018


 
Top