--> 🎬 Cinemateca Curtas: Galicia x Brasil | 26ene

21h viernes en Salón García, Vilagarcía. Entrada libre


O vilagarcían Juan Quintáns e o brasileiro Boca Migotto visitarán Vilagarcía para darnos a oportunidade de disfrutar destes tres traballos realizados en Brasil: ARTE FLAMENCA, PASIÓN BRASILEIRA (mención de honra no Festival de Documentais sobre Patrimonio de Toledo) que nos fala da profunda paixón polo flamenco que se pode atopar no sur do Brasil; a curtametraxe INDO falanos dos artistas e da arte como elemento de crítica e de desenvolvemento social; e para rematar NO AMOR amósanos a rodaxe de Indo misturando ficción e realidade. Ao rematar a proxección. teremos ocasión de falar cos realizadores sobre as súas experiencias durante as rodaxes destes traballos.

Xaneiro: mes de portas abertas

Logo dos excesos das festas de Nadal, Xaneiro adoita ser un mes complicado. Por iso comezamos o ano derrubando muros e abrindo as portas da nosa Cinemateca para ofrecer tres espectaculares sesións, que farán as delicias dos amantes da música e o cinema. Para que probes as vantaxes de ser socio da Asociación Cultural Curtas, e coñezas de primeira man o que te estiveches a perder todo este tempo.

26ene
enero 2018


 
Top