--> 💬 Encontros coa veciñanza | 23feb

20h viernes en Centro Sociocultural Vilaxoán, Vilagarcía. Entrada libre 

Encontros coa veciñanza 

Por Unha Marea Na Vila.
Centro Cultural, Ramón Patiño 7

Continuando coa intención de fomentar espazos de participación, dende Por unha Marea na Vila convocamos un encontro aberto coa veciñanza de Vilaxoán que terá lugar o próximo venres 23 de febreiro a partir das 20:00H no Centro Socio Cultural de Vilaxoán. Con elo pretendemos achegar as dinámicas dos plenos á xente e, sobre todo, buscar fórmulas para que as veciñas e veciños poidan compartir as súas inquedanzas e, de maneira cooperativa, traballar para construír unha Vila á medida da veciñanza, onde as parroquias e o rural adquiran o protagonismo que hoxe lles falta.

Queremos agradecer a Vilaxoán A.A.V.V. a súa colaboración na organización deste encontro e
animar á participación de todas aquelas persoas que pensen que outra Vila é posible.

23feb
febrero 2018 

 
Top