Entroido en Cambados 2018

Axenda cultural febreiro 2018

Entroido en Cambados

Carnaval 2018.

09feb Venres de ENTROIDO

A TÚA CARA SÓAME
22.30 h. Na Praza de Alfredo Brañas A túa cara sóame, espectáculo musical imitando o programa “Tu cara me suena” onde teremos actuacións con música en directo.
Anímase a toda a xente a que veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais.
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña

10feb Sábado de ENTROIDO
A partir das 17.00 h.
No Parque de Torrado animación infantil e inchables da man de Animar-T*.

21.00 a 01.00 h.
Na Praza de Alfredo Brañas, Discoteca Móvil La Chata. Organizado polos locais A Leria, Brothers e
Baloca.
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña

11feb Domingo de ENTROIDO

DESFILE DE CARROZAS

16.00 h. Na Escalinata de San Tomé, recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile.

17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música do Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Ribeira de Fefiñáns Paseo da Calzada – Praza do Concello.
O desfile será retransmitido polo DJ Studio 21.

18.30 h. Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información, consultar as bases)

* En caso de choiva o desfile farase o martes 13 ou como última data o sábado 17 de febreiro.

12feb Luns de ENTROIDO

BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS

17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Chic e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, grupo de 150€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais asociados a Zona Centro. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. (Para máis información, consultar as bases).

17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 60€. (Para máis información, consultar as bases).

13feb Martes de ENTROIDO

GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS

17.00 h. Na Praza do Concello, Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€.

18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas: un 1º premio de 300€, un 2º premio de 200€ e 3º premio de 100€. Para o resto de participantes non premiados haberá unha gratificación de 100 €. (Para máis información, consultar as bases)

*En caso de choiva ambos concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.
* En caso de traslado do concurso de carrozas ao martes 13 de febreiro, o concurso de disfraces pasará a realizarse o domingo 11 de febreiro, no Salón Peña.

14feb Mércores de CINSA

ENTERRO DA SARDIÑA

18:00 h. Na Praza do Concello*, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”.

19.00 h. Trala papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano guiará o Abade Avelino González cos cánticos sacros de Charanga Os Jaláticos e Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados formar parte deste sepelio que terá lugar na praia de San Tomé... para acabar con Don Macho-Man, a lacra do machismo na sociedade actual, queimándoo no lume purificador.

* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

Bases do concurso

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellaría de Cultura, convoca o CONCURSO DE CARROZAS DE ENTROIDO PARA O DOMINGO 11 DE FEBREIRO DE 2018 ÁS 17.00h.

  • 1.- Poderán participar todas as persoas, asociacións ou colectivos que o desexen.
  • 2.- O número máximo de grupos participantes será de 30, e accederán ao concurso por orde de inscrición. Deberán facelo obrigatoriamente na Biblioteca Municipal Luís Rei indicando: -Nome para a carroza, colectivo ou comparsa. -Número de integrantes e temática. -Nome, DNI, dirección e teléfono da persoa representante do grupo. O representante deixará copia do DNI para as accións administrativas posteriores. -Copia do certificado de conta bancaria do representante do grupo para o ingreso do premio. O prazo de presentación da documentación será ata o luns 5 de febreiro. As solicitudes recolleranse na biblioteca de luns a venres de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h e os sábados de 10.30h a 13.30h.
  • 3.- A temática de cada carroza será libre (aínda que se procurará que non sexa obscena ou ofensiva).
  • 4.- As carrozas deberán, xunto coa axuda da organización, estar colocadas na Escalinata de San
  • Tomé, para o desfile entre as 16.00 e as 16.45 horas. Para acceder aos premios ou ás gratificacións, as carrozas participantes deberán desfilar obrigatoriamente na orde establecida de antemán pola organización polo seguinte percorrido: Saída da Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Avda. da Coruña – Ribeira de Fefiñáns - Paseo da Calzada – Praza do Concello.
  • 5.- As carrozas deberán ter como mínimo 1 metro de altura, 3 metros de longo e 1,5 metros de
  • ancho e estar compostas por un mínimo de 8 integrantes disfrazados. De non ser así, considérase como maqueta, optando só á gratificación por participar. As maquetas deberán contar cun mínimo de 5 integrantes disfrazados.
  • 6.- O xurado estará composto por persoal técnico da Concellaría de Cultura así como por membros de asociacións culturais e/ou de Zona Centro. O xurado estará presente durante todo o percorrido.
  • 7.- O xurado valorará a orixinalidade do deseño, laboriosidade e creatividade así como que toda a indumentaria e complementos garden relación coa temática elixida e calquera outro motivo que poida considerar, coma a interpretación dos personaxes representados. Terase en conta a unidade no disfrace e o grao de coordinación coa súa significación e composición.
  • 8.- Premios: -Todas as carrozas, ou colectivos que realicen o pasacalle, terán unha gratificación de 200€. -Todas as maquetas que realicen o pasacalle terán unha gratificación de 100€ Os diplomas acreditativos dos premios serán entregados na Praza do Concello, o domingo 11 de febreiro ao remate do concurso. De seguido, todos os representantes legais deberanse reunir coa organización para asinar os documentos xustificativos pertinentes mostrando o seu DNI. O ingreso das gratificacións e dos premios farase nos días posteriores a través da conta bancaria aportada e aboaranse unha vez sexan presentados e aprobados os nomes dos gañadores pola Xunta de Goberno Local.
  • 9.- A contía dos premios establécese da seguinte maneira: 3ª Carroza clasificada 300€. 2ª Carroza clasificada 400€. 1ª Carroza clasificada 500€.
  • 10.- Calquera dúbida ou baleiro que puidese xurdir da interpretación e aplicación das presentes bases, será resolto no seu momento polo xurado e a súa decisión será inapelable. A presentación a este Concurso implica necesariamente a aceptación de todos e cada un dos puntos das Bases.
  • 11.- O número total de carrozas e maquetas participantes non excederá de 30.
  • * En caso de choiva, o Concurso de Carrozas trasladarase ao martes 13 de febreiro, e de persistir omal tempo faríase o sábado 17 de febreiro


Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget