0

en Vilagarcía. Inscripción previa 

Encontrinhos 2018

Como en anteriores edicións, os Encontrinhos prentenden ser un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias, no que disfrutar da paisaxe, a cultura e a gastronomía das nosas vilas.

A organización dos Encontrinhos corre a cargo dun grupo de persoas cunha paixón en común, a bicicleta. Tamén colaboran na organización do evento, ademais de Verdegaia, os colectivos Pedaladas, MOBI-LIZA e SGEA.

A ruta deste ano irá desde Pontevedra a Ribeira, pasando por distintas localidades: O Grove, Cambados, Vilagarcía, Padrón e Boiro. En cada etapa percorreranse entre 25 e 50 km, e a data de inicio será o domingo 22 de xullo, rematando o seguinte domingo.

Inscripción 

Xa está aberto o prazo de inscrición para os Encontrinhos 2018!

Inscripción: https://docs.google.com/forms/d/1krcZYaeDZCOOgMW95FIYKznrJ9YTwTe7OgNpyHxssQk/viewform?edit_requested=true

Más info: https://encontrinhos2018.wordpress.com/libro-de-ruta/

Todas as persoas (incluídas menores) que queiran participar nos Encontrinhos 2018 teñen que realizar inscrición e pagar a súa cota correspondente.
Lembra que as prazas son limitadas, así que no deixes para o último día!

Para participar nos Econtrinhos 2018 é necesario que te inscribas e pagues a cota correspondente. Deste xeito estarás cuberta polo seguro de responsabilidade civil e axudarás a custear a organización desta aventura.

Nova data de apertura do proceso de inscrición: 19 de maio.

O proceso de inscrición está aberto.

Visita o seguinte enlace para cubrir o formulario de inscrición.

Preguntas frecuentes sobre a inscrición:

Número de prazas: 150
A asignación de prazas será por orde de inscrición.
Todas as persoas que participen no encontro deberán estar inscritas, tamén as menores de idade, xa que deben dispoñer de seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A inscrición cubre o seguinte:
Seguro de Responsabilidade Civil
Seguro de Accidentes para menores de 15 anos
Pernoctas en Pavillóns
Cea colectiva en Boiro
Agasallo dos Encontriños 2018
Vehículo de apoio.

Considéranse socias, e teñen dereito a unha tarifa reducida, unicamente as socias das seguinte entidades colaboradoras Verdegaia, Pedaladas, MOBI-LIZA e SGEA.

Os encontrinhos son aptos para todas as idades: nen@s, moz@s e persoas adultas. No trazado de cada etapa tívose en contat as posibles dificultades para carriños e nen@s. Ten en conta que as menores de idade tamén teñen que inscribirse para dispoñer do seguro de accidentes (ademais do seguro de responsabilidade civil).

Calcula a cota da túa inscrición:

  • Cota base de 10, 15 ou 20€ segundo idade e se es soci@ dalgunha entidade colaboradora
  • Libro de ruta: suma 1€ á cota base se queres unha copia impresa do libro de ruta.
  • Illa de Sálvora: suma 20€ á bota base se queres visitar a Illa de Sálvora o día 29 de xullo. 
25jul 
julio 2018 

Publicar un comentario

 
Top