Elige fecha para ver los eventos de ese día en Arousa.


Semana de Cine 2018

do 29 de xullo ao 3 de agosto, cine en Vilagarcía de Arousa  

Semana de Cine 2018 

Cine Clube Ádega

Un ano máis, o Cineclube Ádega organiza a súa clásica Semana de Cine, que terá lugar entre o 29 de xullo e o 3 de agosto.

As actividades arrincarán o domingo día 29, na Praia da Concha e clausurando a presente edición de "As nove na praia". Proxectarase unha selección de videoclips e unha montaxe con escenas de películas musicais, que incluirán karaoke e baile. A animación correrá a cargo da escola musical CODA.

Nesta edición haberá tamén dúas charlas-coloquio. A primeira delas terá lugar o luns 30 no Salón García, coa presenza de Moncho Lemos e Álvaro Gago, que falarán sobre "O novo espectador no audiovisual contemporáneo". Aproveitando a presenza de Gago, a continuación (21 h) proxectarase a súa curta "Matria", premiada, entre outros, no Festival de Sundance. O martes 31, no mesmo espazo, Xaquín Chaves, Manuel Busto e Mario Iglesias falarán sobre "A relación entre o cinema e a pintura". Mércores, xoves e venres, no Auditorio Municipal, David Hernández impartirá o obradoiro "Iniciación práctica á iluminación no cinema", que necesitará inscripción previa.

De luns a xoves, no Salón García, ás 21.30 horas proxectaranse os filmes "Felicité", "Muchos hijos, un mono y un castillo", "Kimi no Na wa" (O teu nome) e "120 battements par minute" (120 pulsacións por minuto).

O venres día 3 de agosto, por volta das 22:30 h na Praza do Castro, pecharemos a Semana de Cine coa proxección do film de Buster Keaton "Sherlock Jr." (O moderno Sherlock Holmes), que contará coa música en directo da Banda de Vilagarcía.

* As proxeccións do Salón García terán un prezo de 4 eur/día (abono 4 días 10 euros), e os nosos socios pasarán de balde. O obradoiro de iluminación terá un prezo de 10 euros, e de balde para os socios de Ádega. As charlas serán de balde.
Pulsa os eventos para ver mais información:

Programa

Dom 29jul


Lun 30jul


Mar 31jul


Mie 01ago


Jue 02ago


vie 03ago

Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget