--> 💬 Arousa Inspira | 9-10ago

viernes y sábado en Vilagarcía. Entrada libre. Inscripción previa a concursos

AROUSA INSPIRA 2019  


Organiza: Asociación Arousa Moza

Xa está aquí. AROUSA INSPIRA 2019
Toma nota. 9 e 10 de agosto:
Contacto e información: arousamoza@gmail.com o 655969162.

PROGRAMA 


VIE 09AGO 

. 10h30 Xogos olímpicos tradicionais (Gymkana Infantil por parques da vila)
. 20h Folclore e tradición: Joel Padín, Banda de Gaitas Treboada de Guillán, A.C Nós de Sobradelo.
. Anuncio dos gañadores dos Certames de Poesía e Fotografía.

. 21h30 Cea con Tradición: empanada, tortilla, orellas, filloas...

. 22h30 Concurso de concursos (Quiz). Premios: viaxe a Madrid con entradas para El Rey León, circuito de spa e máis.

SAB 10AGO 

. 17h Pintura, grafiti e sesión Dj no exterior do Liceo Casino, en Castelao 5.
. 21h Concertos e Batalla de Gallos:
Gersio, Was & Mavdba, Guzy, LCK, Plazoleta, Sami, Hoodie Artist, B.TA$$, Sykor.

CERTAME DE POESÍA


PREMIOS: 50€ por categoría, en material literario.
Prazo: ata o 5 de agosto (incluido)

Bases:
- Temática: tradición galega (oficios, xogos, festas, etc).
- Poderán participar escritores profesionais ou afeccionados, sempre que presenten obras orixinais e inéditas, non publicadas nin presentadas a outros concursos. Máximo de 3 por participante en cada categoría.
- Categorías: Poesía en galego e poesía en castelán.
- Formato: Máximo unha páxina A4, utilizando a fonte Times New Roman, a 12 puntos, e interlineado 1’5, respetando unhas marxes non inferiores a 2’5 cm en cada dirección.
- Presentación: Enviaranse por correo electrónico a arousamoza@gmail.com, indicando título, nome e apelidos do autor, DNI, enderezo e teléfono.

As poesías exporanse no Liceo Casino de Vilagarcía os días 9 e 10 de agosto e os autores que o desexen poderán recitalas no evento do venres 9, no que se darán a coñecer os gañadores.


CERTAME DE FOTOGRAFÍA 


PREMIO: 100€ en material fotográfico.
Prazo: ata o 5 de agosto (incluido)

Bases:
- Temática: Tradición no ámbito de Galicia ou da ría de Arousa/comarca do Salnés.
- Quen pode participar? Fotógrafos profesionais ou afeccionados de calquera idade (menores de 14 anos con autorización).
- As fotografías deben ser orixinais, inéditas, de autoría propia e non presentadas a outros concursos.
- As imaxes poden ser en cor ou branco e negro. Permítese a manipulación dixital sempre que non se modifiquen os elementos da mesma. Poderá solicitarse o arquivo orixinal.
- As fotografías enviaranse por correo electrónico a arousamoza@gmail.com (máximo 3 por participante) e todas elas irán acompañadas dun título (no nome do arquivo), que será de suma importancia na avaliación do xurado. No correo tamén se indicará o nome completo do autor, DNI e teléfono de contacto.

As fotografías exporanse no Liceo Casino de Vilagarcía o venres 9 de agosto e os gañadores daranse a coñecer ese mesmo día no evento que terá lugar a partir das 20h.


09ago, 10ago
agosto 2019


 
Top