--> 💬 Follas Novas Arousa: Presentación libro "A Fita Azul" | 21ago

19h30 miércoles en Follas Novas Arousa, Rodrigo de Mendoza 12 (parking Fexdega) Vilagarcía. Entrada libre

Presentación Do Libro "A Fita Azul" de Mon G. Buhigas

Pois como en agosto non todo vai ser chiringo, sol e praia (cando  éstes se prestan), nós consideramos que nas vacacións de verán tamén se debe apostar pola cultura e os libros. E por iso, o mércores 21 de agosto -non nos digades que non vos avisamos con tempo- propoñémonos presentarvos a "A fita azul" de Mon  G.Buhigas e ilustrado por Ana G.Buhigas. Unha aventura poética que nos fala deses fíos invisibles que fan que as historias vaian pasando dunhas bocas a outras e duns corazóns a outros.

Se xa de seu, co libro e o seu autor, a cita faise imprescindible, engadímoslle un plus ao contar coa presencia da marabillosa Montse Fajardo Pérez.

A "quedada" cultural será ás 19:30, dános tempo a playeo, e ás cañas e paseo de despois. Non serven as escusas (e nin que as precisáramos), e asegurámosvos que pagará a pena apuntarse. Avisad@s quedades!!

21ago
agosto 2019
 
Top