en Vilagarcia. Agosto 2019 

Imagen y logo de FESTA DA AUGA 2019 

La Asociación Auga Que Non Has de Beber desvela la imagen de este año, diseño de Cristina Durán .  

AQUÍ A TEMOS!! A FESTA DA AUGA 2019 XA TEN A SÚA PROPIA IMAXE!!!


Esta marabilla é obra de Cristina Durán (Vilagarcía, 1980), quen xa diseñou a imaxe da Festa en 2013.

Fascinada pola pintura decidiu estudar Belas Artes, e elas levárona a outra paixón: a fotografía. Por ela marchou a Madrid, logo de voltar dunha bolsa Erasmus da Italia milanesa.
En Madrid estudou nunha escola que lle permitiu explorar a fotografía dende o analóxico, pero tamén abriulle a porta dixital, por aquel entón, comezando o seu auxe.
Grazas a isto recalou no estudo do fotógrafo de moda e publicidade internacionalmente coñecido e recoñecido Eugenio Recuenco, que foi onde se profesionalizou na posproducción dixital.
Logo duns anos no seu equipo, probou a independizarse e montou o seu propio estudo de posprodución dixital fotográfica. E non lle foi mal. Pero cansada da vida frenética de Madrid, e a morriña pola Terra, sempre presente, fixo as maletas para voltar a casa.
Agora, en Vilagarcía, trata de ir ás orixes daquela fascinación, pero aproveitando a mochila que foi enchendo estes 20 anos.
O seu oficio segue ligado á fotografía e a comunicación, que trata de compaxinar con proxectos de diversa índole, que lle motiven persoalmente.

A camisola, que estará á venta a partir do sábado 10, e que será presentada nos próximos días, "é unha panorámica dos diferentes momentos do Día da Festa, dende a Igrexa de Santa Eulalia ata a capela de San Roque, e á volta, por tódalas zonas húmidas ata á Rúa da Baldosa. Unha mistura de imaxes do recorrido da Festa tal e como eu o recordo dende nena, e ata agora, usando para a súa montaxe unha morea de fotos, moitas delas cedidas por Iñaki Abella."

Venta camisetas FESTA DA AUGA >> venta camisetas

Programación FESTAS DE SAN ROQUE, agenda AGOSTO 2019 >> festas-de-san-roque

Todo sobre A FESTA DA AUGA en Vilagarcía >> festa da auga



 
Top