--> 📣 Cruz Roja Docente voluntario de clases de español para personas solicitantes y beneficiarias de protección internacional

en Vilagarcía. Inscripción 

Cruz Roja Docente voluntario de clases de español para personas solicitantes y beneficiarias de protección internacional


Cruz Vermella O Salnés comezou unha campaña de captación para incorporar nov@s voluntari@s á súa institución debido ás necesidades que van xurdindo na nosa sociedade.

Este ano fan fincapé na captación de persoas voluntarias que teñan algunha formación en docencia para cubrir o posto de docentes de español. Trátase de impartir clases a persoas adultas procedentes de distintos países, onde o obxecto principal da actuación é promover a súa igualdade de oportunidades. O alumnado destas clases pertence ao un programa dirixido a persoas  Solicitantes ou Beneficiarias de Protección Internacional e/ou Refuxiadas, onde se levan a cabo múltiples accións co fin de lograr a súa plena integración na nosa sociedade, e como é evidente, o aprendizaxe da nosa lingua é un factor imprescindible para acadar dita meta.

A continuación deixamos un enlace de inscrición para o posto voluntario:

https://www.cruzvermella.org/oferta-voluntariado/docente-de-clases-de-espanol-para-personas-solicitantes-y-beneficiarias-de-proteccion-internacional/

octubre 2019

 
 
Top