--> 📣 Encontro PSdeG-PSOE en Vilagarcía | 25oct

20h viernes en Auditorio Vilagarcía. Entrada libre. 

Encontro PSOE Vilagarcía 


O PSdeG-PSOE organiza un encontro este venres 25 de outubro no Auditorio Municipal

Ao acto acudirán os candidatos ás eleccións xerais pola provincia, a presidenta da Deputación e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero

O vindeiro venres o PSdeG-PSOE organiza un encontro coa cidadanía. A cita terá lugar no Auditorio Municipal da capital arousán, ás 20:00h.

Os socialistas temos no horizonte a próxima cita coas urnas o 10 de novembro. Porén, desde a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Vilagarcía convidamos á cidadanía e aos progresistas da nosa cidade e da comarca a asistir ao encontro convocado para este venres para coñecer de primeira man as motivacións, ideas e programas dos socialistas. Os socialistas de Vilagarcía saímos a gañar, de novo, as eleccións xerais en España, Galicia e Vilagarcía.

A lista de oradores compóñena Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía; David Regades, secretario provincial; Olga Alonso, candidata ao Congreso; Modesto Pose, candidato ao Senado; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; e Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE.

25oct
octubre 2019

Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG-PSOE
Rúa Castelao, 18 Entrechán
36600 Vilagarcia de Arousa
Tlf: 986 502 948
psdeg_psoevilagarcia@yahoo.es



 
Top